IMOS REMATANDO O TRABALLO DAS MENTIRAS. AO LONGO DESTE TEMPO VIMOS MENTIRAS DE TODO TIPO: ASTRONÓMICAS, XEOGRÁFICAS, BOTÁNICAS, XORNALÍSTICAS,... HOUBO MENTIRAS DE CONTO (ROSA NO SEAS MENTIROSA, PINOCHO, O PASTOR E O LOBO, A TARTARUGA MENTIREIRA,...), MENTIRAS POÉTICAS, MENTIRAS NAS NOTICIAS, MENTIRAS DIVERTIDAS, MENTIRAS COMO EXCUSA,... E MESMO CANCIÓNS CON MENTIRAS. FALANDO DE CANCIÓNS... AQUÍ TENDES UNHA PARA POÑER FINAL A ESTE CENTRO DE INTERESE QUE NOS ACOMPAÑOU DURANTE TODO O PRIMEIRO TRIMESTRE.
ESQUECÍA DICIR QUE TAMÉN TEMOS UNHA EXPOSICIÓN DE LIBROS DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL NO CORREDOR DO COLEXIO, A EXPOSICIÓN FOI COLOCADA POLA COMISIÓN DA BIBLIOTECA. HAI LIBROS DE TODO TIPO E TAMÉN HAI UNHAS FIGURAS DE PLASTILINA QUE REPRESENTAN OS PERSONAXES DOS CONTOS: PINOCHO E GEPPETO, CINCENTA, ALÍ BABÁ,...