COMO VOS DICIAMOS NA ENTRADA ANTERIOR, ESTAMOS A PIQUES DE REMATAR TODO O TRABALLO SOBRE AS MENTIRAS... HOUBERON LECTURAS VARIADAS, CANTIGAS, NOTICIAS,... PERO TAMÉN:
PROXECTOS: COMO O DE PINOCHO EN INFANTIL DE CINCO, O DE DINOSAUROS EN INFANTIL DE CATRO, O DA PREHISTORIA EN 5º,...
FIXÉRONSE MOITAS ACTIVIDADES DE LECTOESCRITURA... E POR FIN ESCRIBIMOS UN CONTO COAS MENTIRAS QUE RECOLLEMOS EN CADA CLASE... OS CONTOS FORMAN PARTE DUN LIBRO TROQUELADO QUE TEN POR PROTAGONISTA Á MASCOTA PRINCIPAL DO COLEXIO (VILAVERDIÑO). PODEDES VER IMAXES NOS BLOG DE CADA NIVEL, PERO TAMÉN AS TEREDES NESTE BLOG.
MAIS TOCAR O LIBRO, FOLLEALO,... E VELO CON DETALLE TEREDES QUE IR ATA O SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA.