ADEMAIS DE CONTINUAR CON TAREFAS RELACIONADAS CO NÚCLEO TEMÁTICO DA MENTIRA, ESTAMOS FACENDO PROXECTOS VARIADOS QUE APARECEN NOS RESPECTIVOS BLOGUES:
EN INFANTIL DE TRES ANOS REMATARON O PROXECTO DAS MASCOTAS... EN MASCOTILANDIA XA LLE FIXEMOS OCO ÁS NOVAS MASCOTAS, ESTAMOS IMPACIENTES POR VER AS SÚAS FOTOS!
EN INFANTIL DE CATRO CONTINÚAN CO PROXECTO DAS PLANTAS... ALGÚNS RESULTADOS DESE PROXECTO PODEDES VELOS NA EXPOSICIÓN SOBRE A CIENCIA
EN INFANTIL DE CINCO AVANZA RÁPIDO O PROXECTO SOBRE O CONTO DE PINOCHO, AGORA ESTÁN COMPARANDO VERSIÓNS DOS CONTOS (VERSIÓNS DIXITAIS E VERSIÓNS EN PAPEL)
EN PRIMEIRO CONTINÚAN CO PROXECTO SOBRE ANIMAIS... ANIMAIS DOMÉSTICOS NUNHA CLASE E SALVAXES NA OUTRA. AVERIGUARON COUSAS MOI INTERESANTES, POR EXEMPLO A RAZÓN DE QUE AS XIRAFAS TEÑAN UN PESCOZO TAN LONGO...
EN SEGUNDO REMATAN O PROXECTO SOBRE O CORPO HUMANO,... A DE ÓSOS QUE TEMOS!
TERCEIRO REMATOU O PROXECTO SOBRE A ALIMENTACIÓN E O DAS CASTAÑAS COMO ALIMENTO.
EN QUINTO CONTINÚAN CO PROXECTO SOBRE A PREHISTORIA... ULTIMAMENTE CHEGOULLES UNHA INFORMACIÓN SOBRE AS E OS NEANDERTHAIS, E CON ELA ANDARÁN.
...