BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

12/11/10

BUSCAMOS A UNHA MENTIREIRA POLA ESCOLA

MASCOTILANDIA, 12 DE NOVEMBRO 2010

BOAS CASTAÑAS!
PERDÓN... EN QUE ESTARÍA EU PENSANDO?
BOS DÍAS!

ACABO DE RECIBIR UNHA NOTA URXENTE, HAI UNHA NENA QUE ANDA DICINDO MENTIRAS GORDÍSIMAS PARA LIBRARSE DOS CASTIGOS. NON SEI COMO SE CHAMA, PERO TEÑO ESTA FOTO DELA... SE A VEDES ENSINÁDELLE



A CONTAR A VERDADE.
ESTABA CLARO QUE TANTA MENTIRA XUNTA NON PODÍA TRAER NADA BO: VILAVERDIÑO, O NOSO GALO, ESTÁ MOI MALIÑO, TEN UNHA FEBRE MENTIREIRA DE MOITO COIDADO. RECOLLEU AS MENTIRAS QUE TENDES GARDADAS NA CLASE PARA QUE NON SE ESPALLEN E DEDICOUSE A CONTALAS...OCORRERON MOITAS COUSAS. IMAXINADE QUE PUIDO OCORRER CANDO COLLEU ALGUNHA DAS MENTIRAS DA VOSA CLASE E ESCRIBÍDEO, A VER SE LLE DÁ VERGOÑA E CURA DESA ENFERMIDADE.

APERTAS DE VERDADE

A MASCOTA