As MASCOTAS do CEIP Vilaverde acaban de ver publicada unha nova... Continúan as noticias ao redor dos proxectos elaborados o curso pasado sobre as plantas invasoras. Desta vez a nova vén do Parlamento... Así que podedes ver como evolucionou o tema se vos interesa, aquí vai un resumo:
Os grupos con representación na Cámara galega --PPdeG, PSdeG e BNG—reclamaron por unanimidade prohibir o uso de especies invasoras como plantas ornamentais espazos protexidos e en infraestruturas --fundamentalmente en autoestradas-- e erradicar as xa existentes.
Instan ao Ministerio de Fomento a eliminar de maneira "inmediata" o plumeiro da
Pampa –moi frecuente en autoestradas-- das medianas e ao Goberno central a erradicar especies exóticas "incipientes" en Galicia.