BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

30/9/10

AGORA SI QUE NOS INVADEN AS MENTIRAS MÁIS GORDAS

Chegounos este texto ás aulas... vaia mentiras máis gordas! O texto titúlase:
MAMÁ, PAPÁ... COMO SE FAN AS NENAS E OS NENOS?

- As nenas están feitas de azucre e vainilla, os nenos de mel e chocolate.

- Algunhas nenas e algúns nenos fanse nas nubes... Son as nubes que fan bebés de calquera tipo e raza. Mirade senón a película Partly Cloudi

- Hai nenas e nenos feitos de mazapán e outros feitos de pasta de queixo.

- Eu creo que poden conseguirse plantando sementes de bebé en macetas e despois regalas convenientemente.


- Nacen debaixo das pedras grandes e hai que ir recollelos cun saco.

- Tráenos os dinosauros con chepa porque así pódenlles dar de beber de cote.


- Tráenos as cegoñas nos seus picos dende París, alí onda a torre Eiffel teñen bebés de todas as razas.

- Nacen de ovos moi grandes, moi grandes...
- Mamá e papá mandan un SMS solicitando unha nena ou un neno e por resposta reciben un paquete.


- As nenas e os nenos saen de debaixo das coles.


- Veñen das colmeas das abellas, alí críanos con pole.