A CLASE DE TRES ANOS APARECEU ADORNADA CON CADROS... QUE SON? QUEN OS PINTARÍA? QUE SABEMOS SOBRE ISTO? SALTARÍN, ZOÉ E BALSI, AS MASCOTAS, ESTÁN MOI ATENTAS A TODO O QUE PASA... DE CANDO EN VEZ FAN PREGUNTAS...
QUE REPRESENTAN OS CADROS? COMO SE TITULARÁN?
COMO SERÁN OS CADROS CON OUTRAS CORES?
PARA BUSCAR INFORMACIÓN... COMO SE ESCRIBE MIRÓ? TEMOS AS SÚAS LETRAS NOS NOSOS NOMES?
PENSAMOS E RAZOAMOS COS CADROS, BUSCAMOS ALTERNATIVAS, FACEMOS MODIFICACIÓNS, INVENTAMOS CADROS... FACEMOS DE PINTORAS E PINTORES IMITANDO A MIRÓ