HOXE ESTAMOS AS MASCOTAS MOI POUCO OCUPADAS, SENTADAS ENTRE O PÚBLICO ASISTIMOS Á GRAN FESTA DAS LETRAS, ONDE A NOSA LINGUA, A LINGUA GALEGA TEN MÁIS PROTAGONISMO QUE NUNCA NO CENTRO. ESTA FESTA DE HOXE VAI DEDICADA A UXÍO NOVONEYRA, O POETA DO COUREL:
- O ALUMNADO DE 6º COMEZA LEMBRÁNDONOS AS RAZÓNS DESTA FESTA
- DESPOIS ESCOITAMOS: REGUEIFAS DO ALUMNADO DE 3º CICLO, INTERPRETACIÓNS DO CORO DO CENTRO, LECTURA DE POESÍAS ELABORADAS POLAS NENAS E POLOS NENOS DE TODO O COLEXIO, CHISTES EN GALEGO,...
- REPÁRTENSE OS PREMIOS DO CERTAME DE POESÍA. ESTAS POESÍAS APARECERÁN PUBLICADAS NUN LIBRIÑO ESPECIAL COMO TODOS OS ANOS.
TAMÉN SE ENTREGARÁN OS PREMIOS DO CONCURSO DE CHISTES
QUE BEN O PASAMOS! AÍ VAN ALGUNHAS FOTOS PARA QUE VAIADES FACENDO BOCA...