BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

18/4/10

SEMANA DO LIBRO NO COLEXIO

AÍ VÉN XA O DÍA 23 DE ABRIL. AS MASCOTAS DO COLEXIO ANDAN MOI ATAREFADAS ESCRIBINDO ÁS CLASES E VISITANDO A BIBLIOTECA PARA RECOLLER LIBROS INTERESANTES. EU COMO PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN DE MASCOTAS DESTE COLEXIO, PROPÓÑOVOS LECTURAS QUE ESTÁN NA REDE, DÉIXOVOLAS EN ENLACES.
É MOI INTERESANTE A HISTORIA DO LIBRO, NON SEMPRE OS LIBROS TIVERON O MESMO SOPORTE...
QUE... QUE TEN DE ESPECIAL O 23 DE ABRIL? POIS É O DÍA MUNDIAL DO LIBRO. A UNESCO PROCLAMOU ESTE DÍA COMO DÍA DO LIBRO POLOS ACONTECEMENTOS QUE NEL TIVERON LUGAR. NO 23 DE ABRIL DE 1616 FALECERON Cervantes, Shakespeare E o Inca Garcilaso de la Vega. EN 23 DE ABRIL TAMÉN OUTROS PERSONAXES FAMOSOS DA ESCRITURA MUNDIAL NACERON OU MORRERON, POR EXEMPLO Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. SEGURO QUE PODEDES ATOPAR DATOS DESTES PERSONAXES E MESMO FOTOS... ÁNIMO

COMO AGASALLO PARA CELEBRAR ESTE DÍA ATOPAREDES ENLACES INTERESANTES AQUÍ AO LADIÑO.