BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

4/4/10

7 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

En 1948 creouse a Organización Mundial da Saúde (OMS) co propósito de que todos os pobos do mundo acaden o máis lato nivel de saúde posible.

O 7 de abril de cada ano, celébrase o Día Mundial da Saúde. As mascotas das clases sábeno, por iso remitirán cartas varias ás aulas.
Nese día fálase da importancia da saúde para unha vida feliz. Cada ano dedícase a un aspecto diferente:
2007 dedicouse á seguridade sanitaria internacional
2010 centrarase na urbanización e a saúde (que casualidade, de novo a cidade no traballo do centro!), o lema é: "mil cidades, mil vidas".
Mil cidades: abrir os espazos públicos á saúde, xa para realizar actividades en parques, xuntanzas cidadás, campañas de limpeza, ou pechar parte das rúas ao tránsito de vehículos de motor para permitir camiñar, pasear, moverse en bici,xogar,...
Mil vidas: atopar biografías de persoas que tiveron impacto na saúde da nosa cidade.
Na clase podemos falar sobre medidas saudables cotiás e ademais tentar ver se a nosa cidade cumpre co lema...
P.D. Estas son as fotos que me remitiron Tic-tac e Legarón sobre a excursión de 6º... Están xenial