BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

1/5/26

2 de maio. Día mundial contra o acoso escolar

O acoso escolar: algo que debemos parar

O acoso escolar, ou bullying, é cando un alumno ou alumna molesta, insulta ou fai dano a outro de maneira repetida.  Pode ser con palabras, golpes ou tamén a través das redes sociais.

Antes de dicir algo debemos poñernos nos zapatos dos outros. Valorar cales son as batallas que queremos loitar. Saber diferenciar moi ben as conductas que si son acoso das que non o son.

Este problema fai que quen o sofre se sinta mal, con medo e só. Tamén pode afectar aos estudos e á súa saúde emocional.

É importante non calar. Se ves unha situación de acoso, non mires para outro lado. Podes axudar avisando a un profesor, orientador ou a unha persoa adulta de confianza.

Para concienciar a rapazada este ano imos a celebrar todos e todas xuntos unha xornada chea de cancións e de mensaxes claros e directos contra o acoso escolar.

Aquí vos deixamos algunhas delas.






26/3/26

LUCÍA PEREDA

Lucía Pereda é unha educadora social e axente de igualdade que ven de dar uns talleres sobre afectividade e sexualidade no noso centro en diferentes cursos e adaptando a temática a idade e inquedanzas dos diferentes nenos e nenas. Estes talleres están enmarcados dentro do PROGRAMA DE INCLUSIÓN EDUCATIVA, e realízanse en colaboración coa ANPA OS VALADOS.

Ditos talleres serviron para detectar situacións, dinámicas de cohesión grupal negativas, creencias erróneas... dos nenos e nenas referentes a igualdade de xénero, ao respecto, a non discriminación... que repercuten directamente nas relacións que se manteñen nos distintos grupos.


A educación afectivo-sexual é unha parte esencial do desenvolvemento das persoas e debe comezar dende a infancia, adaptándose sempre á idade e ao nivel de madurez dos nenos e nenas. Lonxe de ser un tema exclusivo da adolescencia, trátase dun proceso educativo que axuda a comprender o propio corpo, as emocións e as relacións cos demais.

Dende pequenos, é fundamental ensinar valores como o respecto, o coidado propio e alleo, e a importancia do consentimento. A través dunha educación afectivo-sexual axeitada, os nenos e nenas aprenden a identificar e expresar as súas emocións, a establecer límites e a recoñecer situacións que poden resultar incómodas ou inadecuadas.


LA VOZ DE GALICIA

FARO DE VIGO 


Podedes seguila nas súas redes sociais:

https://www.instagram.com/lucia_pereda_igualdade/

19/3/26

CEIP VILAVERDE MOURENTE

Cantando coas mans: música e emoción en LSE

No noso centro educativo tivemos a oportunidade de participar nunha experiencia tan especial como enriquecedora: o concurso Cantando coas mans en LSE (Lingua de Signos Española), realizado pola FAPXG. Este proxecto non só nos permitiu achegarnos á música desde unha perspectiva diferente, senón tamén aprender sobre a importancia da comunicación inclusiva e o respecto pola diversidade.

A través desta iniciativa, o alumnado traballou a interpretación dunha canción empregando a Lingua de Signos Española, combinando ritmo, expresión corporal e emoción. Foi un proceso cheo de aprendizaxes, no que cada xesto tiña un significado e cada movemento axudaba a transmitir unha mensaxe.

Queremos destacar especialmente a colaboración da asociación AMENCER_ASPACE. Grazas á súa experiencia e compromiso, puidemos comprender mellor a riqueza da lingua de signos como ferramenta de comunicación e expresión cultural.

Lembrade que podedes votar no seguinte enlace.

https://www.faxpg.es/cantamos-coas-mans-2026-es.html

Grazas pola vosa colaboración.

8/3/26

8M: Día Internacional da Muller

Cada 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, unha data moi importante para lembrar a loita das mulleres pola igualdade de dereitos en todo o mundo.

No mundo da música en Galicia hai moitas artistas que están a crear, innovar e levando a cultura galega a diferentes escenarios.

Un exemplo moi coñecido é Sés, cantante e compositora que destaca polas súas letras comprometidas e polo uso da lingua galega nas súas cancións.

Tamén sobresae Guadi Galego, unha das voces máis recoñecidas da música galega actual, que combina tradición e modernidade nos seus traballos.

Outra artista importante é Tanxugueiras, un grupo formado por mulleres que levou a música tradicional galega a escenarios internacionais e a públicos máis novos.

No ámbito da música tradicional tamén destaca Mercedes Peón, investigadora e intérprete que traballou moito para recuperar e renovar a música popular galega.

Estas e moitas outras mulleres demostran que a música en Galicia tamén ten voz feminina forte e creativa. No 8M, é importante escoitar, valorar e dar visibilidade ás artistas que contribúen á nosa cultura.








23/2/26

ROSALÍA DE CASTRO

 

🌹 Día de Rosalía: Celebrando a nosa poeta máis universal

Cada 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía, unha data moi especial para Galicia. Neste día conmemoramos o nacemento de Rosalía de Castro, unha das escritoras máis importantes da nosa historia e símbolo da identidade e da lingua galega.

No cole temos un espazo para sentir o galego chamado DALLE Ó GALEGO.

O noso recuncho non é só unha decoración: é un lugar para aprender, compartir e manter viva a memoria dunha muller que loitou pola dignidade do galego.



Con pequenas accións, como crear este espazo no cole e adicar uns poucos minutos a súa obra, facemos que a súa voz siga presente nas nosas aulas.

🌹 Viva Rosalía! Viva a lingua galega!

6/2/26

ENTROIDO 2026

Nestes días de choiva seguimos a preparar o ENTROIDO, xa temos os disfraces listos e toda a rapazada ten moitas ganas de que chegue o desfile.

Este ano estará cheo de MÚSICA de diferentes épocas, as mestras e os mestras así como os nenos e nenas fixeron un traballo marabilloso deseñando e confencionando os seus propios disfraces. 



Xa que a previsión do tempo non era boa e, cumplindo os mandadiños , levamos unha semana con moitos peiteados incribles, zapatos ao revés... Mirade o esquelete que aparecía no cole todos os días para poder ler o que tiñamos que facer.



 Nuns días seguimos coa festa todos e todas xuntos desfrutando do desfile dos nosos nenos
e nenas.

 


Moitas gracias familias por facer posible este ENTROIDO.

5/2/26

DÍA DA PAZ

No Día da Paz, no noso colexio pensamos especialmente nos nenos e nenas doutros países que non poden vivir en paz como nós. Hai lugares do mundo onde os conflitos fan que moitos rapaces e rapazas teñan que deixar as súas casas, non poidan ir á escola ou vivan con medo.

Por iso, decidimos enviarlles algo moi importante: as nosas mensaxes de paz, amizade e esperanza 💌.



Desde as aulas, escribimos palabras bonitas, fixemos debuxos cheos de cor e corazóns, e imaxinamos como sería un mundo no que todos os nenos e nenas puidesen xogar, aprender e sorrir sen medo. As nosas mensaxes din cousas como:

  • “Non estades sós”

  • “Pensamos en vós”

  • “Desexámosvos paz e felicidade”



Durante esta xornada, o alumnado participou en diferentes actividades cheas de significado. Ademais, dende a ANPA OS VALADOS quixeron contribuir a iniciativa do cole decorando a entrada con diferentes mensaxes de PAZ.



Entre todos e todas, podemos facer do mundo un lugar mellor.

Porque a paz comeza en ti, comeza en min, comeza no cole.

🕊️ Feliz Día da Paz! 🕊️


24/1/26

30 DE XANEIRO. DÍA DA PAZ

Nesta semana imos a celebrar o día da PAZ reflexionando sobre o significado da mesma na actualidade.

A paz é vivir sen guerras nin violencia. É poder xogar, aprender e durmir tranquilos, sen medo. Cando non hai guerra, as persoas falan para entenderse, buscan acordos e respectan as diferenzas.

A paz constrúese cada día con xestos pequenos: axudando aos demais, compartindo, sendo xustos e resolvendo os conflitos falando e non loitando. A guerra fai dano e tristeza; a paz trae esperanza e futuro.

Todos, tamén os nenos e nenas, podemos coidar a paz coas nosas palabras e accións. Se escollemos a paz e dicimos non á guerra, o mundo será un lugar máis seguro e feliz para todos.

Dende as aulas estamos a preparar unha canción en LSE que podedes practicar todas e todos xuntos.


Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración.

14/1/26

LIDIA FOLGAR


O próximo mércores 21 de xaneiro de 17:00 19:00 h realizaremos unha charla con Lidia Folgar, recoñecida dietista-nutricionista pediátrica e divulgadora científica, na que se darán diferentes ferramentas para mellorar a relación dos vosos fillos e fillas coa comida e cos seus corpos. 


Para facilitar a participación e a conciliación, a ANPA ofrecerá servizo de atención á rapazada, polo que necesitamos saber tamén as nenas e nenos que asistirán por familia.

Neste vídeo LIDIA FOLGAR invita a toda a comunidade do CEIP VILAVERDE MOURENTE a participar nesta charla divulgativa.



Esperamos a vosa participación

18/12/25

LÚA GÁNDARA NO NOSO COLE

Se clicades nas diferentes pestanas poderedes desfrutar do traballo realizado arredor da figura de Lúa Gándara, nas diferentes aulas do CEIP VILAVERDE MOURENTE.

14/12/25

XA CHEGA O NADAL.

 Nas aulas, nos corredores . . . en todos os recunchos de Vilaverde xa se nota o

                                                     Nadal



Estes son algúns exemplos das magnificas composicións navideñas dos nosos ciclos. Neste caso as aulas de 3 anos. 


Este ano a nosa artista convidada será LÚA GÁNDARA que visitará o cole o vindeiro 17 de decembro para realizar uns talleres cos nosos nenos e nenas.




Tamén , nas diferentes aulas estamos a traballar CANTOS de NADAL en galego. se clicades na palabra música poderedes escoitalos en familia.

Este ano segue enchéndose de música.





5/12/25

O VILAVERDE SEGUE CON BO RITMO

No CEIP VILAVERDE MOURENTE apostamos por dar visibilidade ás persoas con diversidade funcional, recoñecendo o seu valor, os seus talentos e a súa contribución á comunidade. 

Neste curso escolar tan pegado a MÚSICA queremos recoñecer a diversos artistas que como non, contribúen a facer da música un entorno cheo de posibilidades.

A música é unha das formas máis universais de expresión humana e un poderoso vehículo para transmitir valores positivos. A través das súas letras, ritmos e emocións, axúdanos a comprender aos demais, promovendo o respecto, a empatía e a convivencia.

Na seguinte presentación podedes explorar diferentes audios realizados polos nenos e nenas sobre a importancia dos artistas musicais que se traballaron nas diferentes aulas. 




26/11/25

25 N. DÍA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Este ano no Ceip Vilaverde Mourente reivindicamos a importancia da visibilidade de días como o 25 N, cun mensaxe positivo e sentindo que todos e todas podemos poñer da nosa parte para CAMBIAR O MUNDO.

Con este obxectivo nas aulas leváronse a cabo diferentes actividades que puxeron de manifesto a importancia da:

- IGUALDADE

- LIBERDADE

- RESPECTO

-...

No patio todos xuntos cantamos a canción “Golden” fala de crer en ti mesmo e de sentirte especial, como se tiveras unha luz dourada dentro. As cantantes queren dicirlle ás persoas que todas e todos temos algo valioso que nos fai únicos, e que non debemos deixarnos levar polos medos nin polas opinións negativas doutra xente.



MOITAS GRACIAS A COMUNIDADE DO CEIP VILAVERDE MOURENTE POR FACELO POSIBLE.

16/10/25

CANTIGAS PARA O SAMAÍN

ESTE  ANO A TEMÁTICA VERTICAL QUE IMOS TRABALLAR NO COLE É A MÚSICA. A MESMA TEMÁTICA QUE NO SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA  2026. 

A MÚSICA TAMÉN ESTARÁ PRESENTE O DÍA DA CELEBRACIÓN DO SAMAÍN. IMOS PREPARAR TRES ACTUACIÓNS CO ALUMNADO, COA AXUDA DE CAROLINA , A NOSA INTÉRPRETE DE LINGUA DE SIGNOS ESPAÑOLA: 

- O ALUMNADO DE INFANTIL VAI CANTAR E SIGNAR A CANTIGA DE MAMÁ CABRA "O SAMAÍN":

- O ALUMNADO DE 1º, 2º E 3º VAI CANTAR E SIGNAR A CANTIGA "CONXURO DE SAMAÍN":

- O ALUMNADO DE 4º, 5º E 6º VAI CANTAR E SIGNAR A CANTIGA "O SAMAÍN" DE UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA:

PODEDES PRACTICAR TAMÉN NA CASA PARA QUE ESE DÍA NOS SAIA  MONSTRUOSAMENTE BEN!

15/10/25

PREPARANDO O SAMAÍN

ESTE ANO IMOS CELEBRAR O SAMAÍN NO COLE! SABEDES QUE SIGNIFICA ESE NOME? CAL É A ORIXE DESTA FESTA? 

ANTÍO DEIXOUNOS ESTE GENIALLY  CO QUE APRENDEREMOS UNHA MOREA DE COUSAS SOBRE ESTA CELEBRACIÓN.

TAMÉN HAI CANTIGAS, XOGOS, RECEITAS, EXPERIMENTOS... QUE PODEDES FACER  NO COLE OU NA CASA COA FAMILIA. ANIMÁDEVOS!

10/10/25

ANTÍO ESTÁ NO COLE!

 XA CHEGOU O OUTONO E CON EL O NOSO AMIGO ANTÍO!

VEU DE MASCOTILANDIA PARA PASAR CON NÓS ESTA ESTACIÓN TAN FERMOSA. TROUXO ALGÚNS FROITOS DE OUTONO QUE RECOLLEU POLO CAMIÑO: CASTAÑAS, LANDRAS, COGOMELOS, FOLLAS...

ESTÁ NA PORTA DA BIBLIOTECA DESEXANDO QUE O SAUDEDES TÓDALAS MAÑÁS AO CENTRAR NO COLE! TEN PREPARADA  ALGUNHA SORPRESA PARA ESTES DÍAS!

TAMÉN NOS ESCRIBÍU UNHA CARTA QUE ESPERA CHEGUE A TODAS AS AULAS POIS TEN GANAS DE FESTA E QUERE CELEBRALA CON  NÓS! ¿QUE FESTA SERÁ ESA?

7/10/25

XOGADE

 Un ano máis o Ceip Vilaverde Mourente participa no XOGADE. 


O programa Xogade combina no seu modelo deportivo competición e participación para os/as escolares dos centros educativos de toda Galicia. 

O obxectivo primordial desta concepción do deporte será a promoción da saúde, a condición física e o benestar, sen esquecer nin deixar de lado o rendemento deportivo, pero asegurando que todos/as os/as escolares poidan ter acceso á práctica de actividades físico-deportivas sen que exista ningún tipo de discriminación.



O XOGADE ten repercusión tanto na prensa local, coma nos nenos e nenas que participan ano tras ano nas diferentes edicións desta iniciativa deportiva.


Moitas grazas a todos e todas.


25/9/25

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS XORDAS

 ESTA ÚLTIMA SEMANA DE SETEMBRO CELEBRAMOS
A SEMANA DAS PERSOAS XORDAS
 NUN INTENTO DE SENSIBILIZAR Á COMUNIDADE EDUCATIVA CARA ESTA REALIDADE COA FIN DE PROMOVER A INCLUSIÓN TOTAL DENTRO DA SOCIEDADE DAS PERSOAS CON PROBLEMAS AUDITIVOS E XORDEIRA CRÓNICA. 

REIVINDICAMOS XUNTO COA ORGANIZACIÓN CNSE QUE  "NON HAI DEREITOS HUMANOS SEN O DEREITO Á LINGUA DE SIGNOS". A LINGUA DE SIGNOS É FUNDAMENTAL PARA MELLORAR A INCLUSIÓN DAS PERSOAS XORDAS NA SOCIEDADE; POIS A MIÚDO SE ENFROTAN A BARREIRAS DE COMUNICACIÓN, QUE LIMITAN A SÚA CAPACIDADE PARA ACCEDER Á INFORMACIÓN E Á IGUALDADE DE OPORTUNIDADES.


TAMÉN DEMOS AO ALUMNADO ALGÚNS CONSELLOS PARA COMUNICARSE COAS
PERSOAS XORDAS DE FORMA EFICAZ.




LEMOS E REFLEXIONAMOS SOBRE ALGÚNS CONTOS NA AULA:

17/9/25

INICIO DO CURSO 2025/2026

BENVIDOS E BENVIDAS A ESTA NOVA AVENTURA!!!!!!!!!!


Estamos comezando un novo curso con moitas gañas de MÚSICA. O noso primeiro día estivo cheo de diversión e de boa música, aínda que tamén houbo reencontros e moitas ganas de contar cousas do verán. 





MOITAS GRAZAS 

20/6/25

FESTA DE FIN DE CURSO!

 FELIZ FIN DE CURSO A TODAS E TODOS!

O ÚLTIMO DÍA DE CLASE O ALUMNADO DO COLEXIO PARTICIPOU NUNHA SESIÓN DE XOGOS COOPERATIVOS NO PATIO COS QUE DESFRUTOU MOITO. TAMÉN HOUBO ACTUACIÓNS E UNHA RICA MERENDA.

AGORA CHEGOU O MOMENTO DE DESCANSAR E APROVEITAR AO MÁXIMO O VERÁN.



 MOITOS BICOS DE PARTE DE TODO O EQUIPO DOCENTE DO CEIP VILAVERDE!

💙🌞🌊🌅