Lucía Pereda é unha educadora social e axente de igualdade que ven de dar uns talleres sobre afectividade e sexualidade no noso centro en diferentes cursos e adaptando a temática a idade e inquedanzas dos diferentes nenos e nenas. Estes talleres están enmarcados dentro do PROGRAMA DE INCLUSIÓN EDUCATIVA, e realízanse en colaboración coa ANPA OS VALADOS.
Ditos talleres serviron para detectar situacións, dinámicas de cohesión grupal negativas, creencias erróneas... dos nenos e nenas referentes a igualdade de xénero, ao respecto, a non discriminación... que repercuten directamente nas relacións que se manteñen nos distintos grupos.
A educación afectivo-sexual é unha parte esencial do desenvolvemento das persoas e debe comezar dende a infancia, adaptándose sempre á idade e ao nivel de madurez dos nenos e nenas. Lonxe de ser un tema exclusivo da adolescencia, trátase dun proceso educativo que axuda a comprender o propio corpo, as emocións e as relacións cos demais.
Dende pequenos, é fundamental ensinar valores como o respecto, o coidado propio e alleo, e a importancia do consentimento. A través dunha educación afectivo-sexual axeitada, os nenos e nenas aprenden a identificar e expresar as súas emocións, a establecer límites e a recoñecer situacións que poden resultar incómodas ou inadecuadas.
Podedes seguila nas súas redes sociais:
https://www.instagram.com/lucia_pereda_igualdade/