FAMILIAS E PROFESORADO ASISTIMOS ESTE MARTES 7 DE MAIO A UNHA FORMACIÓN EN PRIMEIROS AUXILIOS DA MAN DA ASOCIACIÓN GALEGA DE TÉCNICOS EN EMERXENCIAS SANITARIAS (ASGATE). A CHARLA FOI SIGNADA POR IRIA, A INTÉRPRETE EN LINGUA DE SINGOS DO NOSO COLEXIO.
COMEZARON EXPLICÁNDONOS CONCEPTOS BÁSICOS DOS PRIMEIROS AUXILIOS PARA LOGO PASAR Á PRÁCTICA.
REALIZAMOS A RCP E MESMO NOS ENSINARON O FUNCIONAMENTO DUN DESFIBRILADOR SEMIAUTOMÁTICO (DESA). TAMÉN PRACTICAMOS A POSICIÓN DE SEGURIDADE E A MANIOBRA DE HEIMLICH.
FOI UNHA FORMACIÓN MOI IMPORTANTE E NECESARIA PARA A VIDA. ESTAMOS MOI AGRADECIDOS POLA EXPLICACIÓN RECIBIDA POLOS MEMBROS DE ASGATE, ASÍ COMO POLA COLABORACIÓN DAS FAMILIAS E PROFESORADO ASISTENTE!
SEGUIREMOS PROMOVENDO ESTES MOMENTOS DE ENCONTRO ENTRE COLEXIO E FAMILIAS, PARA APRENDER XUNTOS E COLABORAR POLO BEN DA COMUNIDADE EDUCATIVA.