COMO XA VOS ADIANTAMOS, O ALUMNADO DO CEIP VILAVERDE ESTÁ A CREAR UN TRASNO MÁXICO. ADEMAIS, DESEÑARÁ COMPLEMENTOS CON PODERES POSITIVOS QUE AXUDARÁN A MELLORAR A CONVIVENCIA E O DÍA A DÍA NO COLEXIO.
O DÍA DA PAZ DEMOS A COÑECER A PRIMEIRA PARTE DESTA ACTIVIDADE VERTICAL.
TODO COMEZOU CUNHA CANCIÓN QUE XUNTAS E XUNTOS CANTAMOS E SIGNAMOS NO PATIO. PRACTICAMOS MOITO E NOUTOUSE O ESFORZO.
LOGO FOI O MOMENTO DE QUE AS CLASES PRESENTARAN OS SEUS COMPLEMENTOS E OS PODERES ELIXIDOS. TAMÉN GARDARON NUN CALDEIRO MÁXICO A SÚA PROPOSTA DE NOME PARA O TRASNO.
FINALMENTE, CHEGOU O MOMENTO DE FACER O SORTEO MÁXICO, O NOME ELIXIDO FOI:
VILATRASNO!
ESTA ACTIVIDADE VERTICAL CONTINUARÁ, DARÉMOSVOS A COÑECER AS NOVAS.