ESTE 16 DE MAIO TIVEMOS A TERESA PORTELA E NOEL DOMÍNGUEZ NUNHA MESA REDONDA NO CENTRO PARA FALAR SOBRE VALORES DEPORTIVOS.
A SÚA PRESENZA NO CENTRO É POSIBLE GRAZAS AO CLUB ROTARY, QUE UN CURSO MÁIS COLABORA CO CEIP NO FOMENTO DE VALORES.
ESTA É UNHA
ACTIVIDADE DE COLABORACIÓN ENTRE O CENTRO E O CLUB ROTARY DE PONTEVEDRA
PARA A PROMOCIÓN DA EDUCACIÓN, CONSISTE NUNHA CHARLA CON DEPORTISTAS
CON RECOÑECEMENTO A NIVEL INTERNACIONAL NA QUE SE ABORDARÁN OS VALORES DEPORTIVOS:
IGUALDADE, RESPONSABILIDADE, PERSEVERANZA, ESFORZO, AUTOCONTROL,
RESPECTO...
IAGO ROEL SERÁ O MODEDADOR E COMO PERSOAS CONVIDADAS ESPECIAIS, COMO XA VOS DIXEMOS, ESTARÁN A PIRAGÜISTA
TERESA PORTELA E O PIRAGÜISTA NOEL DOMÍNGUEZ. TRAS A SÚA PRESENTACIÓN O ALUMNADO
PODERÁ FACER PREGUNTAS Á CONVIDADA E AO CONVIDADO, PROCURANDO MANTER A ORDE E
EVITANDO A REPETICIÓN DE PREGUNTAS PARA QUE O COLOQUIO SEXA FLUÍDO E
INTERESANTE.
PODEDES VER A NOVA NESTE ENLACE.
DEIXÁMOSVOS UNHAS FOTOS, SEGURO QUE NOS BLOG DE NIVEL TENDES MÁIS: