BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

2/6/20

REMITIMOS AS CARTAS DE AGRADECEMENTO DO ALUMNADO AOS DIFERENTES COLECTIVOS

LEMBRADES AS CARTAS QUE ESCRIBIU O ALUMNADO PARA AGRADECER AOS DIFERENTES COLECTIVOS OS SEUS COIDADOS DURANTE O CONFINAMENTO? POIS...
ESTES DÍAS DE ATRÁS O CENTRO ESTIVO FACENDO CHEGAR ESAS CARTAS AOS DIFERENTES COLECTIVOS DA NOSA ZONA.
AS CARTAS FORON PRECEDIDAS DA SEGUINTE MENSAXE:


Mourente, 29 de maio de 2020.
Estimadas e estimados,
O alumnado do CEIP Vilaverde-Mourente quere expresarvos a través destas cartas o seu agradecemento ás e aos profesionais dos diferentes colectivos  polo traballo realizado en beneficio de todas as persoas que QUEDAMOS NA CASA durante o longo  confinamento provocado polo COVID-19.
Grazas por coidarnos, pola vosa valentía,  profesionalidade e humanidade.
Grazas por non perder o ánimo, cando a situación era arriscada,  porque nas vosas mans estaba e está o noso benestar.
Grazas por facer o máis complicado cun sorriso.
Toda a comunidade educativa do CEIP Vilaverde-Mourente quere darvos as GRAZAS usando as verbas do seu alumnado .
 Un cordial saúdo de todo corazón.








VELAQUÍ ALGUNHAS FOTOS DESAS ENTREGAS DE CARTAS.