- APRENDER SOBRE O ENTROIDO TRADICIONAL
- POÑERLLE AS PLUMAS A VILAVERDIÑO, O NOSO MECO DO ENTROIDO QUE ELABORAMOS CON AXUDA DE PACO
- PREPARAR AS COPLAS DO XUÍZO, ÚLTIMAS VONTADES E LADAÍÑAS
- FACER OS NOSOS DISFRACES, PARA OS QUE CONTAMOS EN MOITAS CLASES COA VALIOSA AXUDA DAS FAMILIAS
- APRENDER A CANTAR O ENTROIDO...
- FACER ANTIFACES
- POÑER AS MÁSCARAS QUE IMITANDO O ESTILO DE PICASSO FIXEMOS EN 5º E 6º
-....
CHEGOU A FESTA!!! PODEDES VER A REPORTAXE AMPLIADA NO BLOG DE DINAMIZACIÓN
2. NAS CLASES COMEZAN A DISFRAZARSE. PUFF CANTO TRABALLO!
3. HAI QUE IR REPARTINDO AS FILLOAS PARA POÑELAS NOS POSTOS DE VENDA. FAMILAS E PROFESORADO PREPARAN ORELLAS E FILLOAS PARA DESPOIS DO DESFILE
4. E XA CO DISFRACE POSTO PREPARADAS E PREPARADOS PARA DESFILAR. QUE PRECIOSIDADE DE DISFRACES! TODAS E TODOS DE REVOLUCIÓN (A REVOLUCIÓN PRIMAVERAL, A REVOLUCIÓN COMUNICATIVA, A REVOLUCIÓN ESPACIAL, A REVOLUCIÓN CIENTÍFICO-ASTRONÓMICA, A REVOLUCIÓN ARTÍSTICA, A REVOLUCIÓN PARA O AFORRO ENERXÉTICO, A REVOLUCIÓN TECNOLÓXICA, A REVOLUCIÓN FRANCESA, A REVOLUCIÓN HIPPIE)
5. O ALUMNADO SAE AO PATIO DISFRAZADO ACOMPAÑADO POLO PROFESORADO.
6. ALUMNADO DE 6º LEVA A VILAVERDIÑO
E O GALO PRESIDE O DESFILE DENDE O MEDIO DO PATIO, A CARÓN DE LOLA QUE SE ENCARGA DA MÚSICA E MEAFONÍA.
7. O DESFILE DE DISFRACES É MOI "REVOLUCIONARIO"
QUE PORÁN AS CARTAS QUE REPARTEN AS CARTEIRAS E OS CARTEIROS DE INFANTIL DE 4 ANOS?.
5º REVOLUCIONA TODO O DESFILE, TANTO QUE O FAI NO SENTIDO CONTRARIO AO RESTO.
8. TEN LUGAR O XUÍZO E LECTURA DAS ÚLTIMAS VONTADES DO GALO A CARGO DE 6º E 4º
9. A DEGUSTAR AS FILLOAS E ORELLAS! A COMUNIDADE EDUCATIVA COLABORA NA VENDA DE VIANDAS DE CUXO COMEZO INFORMA O ALUMNADO DE 6º (QUE SE BENEFICIARÁ DA VENDA PARA A SÚA EXCURSIÓN DE FIN DE ETAPA)
10. DESPOIS DO SORTEO DA FABULOSA CESTA DO ENTROIDO...
QUÉIMASE AO GALO VILAVERDIÑO MENTRES LLE CANTAN AS LADAÍÑAS O ALUMNADO DE 5º
ACABOU A FESTA... MAIS NON DEBEREMOS PREOCUPARNOS
O VINDEIRO ANO TEREMOS OUTRA!!!