AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VÍDEO RESUMO
Entroido CEIP Vilaverde 2017 from Alba Blanco on Vimeo.
E AQUÍ TENDES PARTE DA REPORTAXE FOTOGRÁFICA... HAI MÁIS NO BLOG DE DINAMIZACIÓN. VILAVERDIÑO AGARDA PACIENTEMENTE A QUE O BAIXEN AO PATIO. IGUAL QUE O RESTO DO COLEXIO DECIDIU LEVAR UN DISFRACE RELACIONADO COAS PROFESIÓNS (CENTRO DE INTERESE QUE PROTAGONIZOU O TRABALLO NO COLEXIO DURANTE VARIOS MESES)
MENTRES VILAVERDIÑO COCIÑA COMO BO CHEF QUE É...
CHEGAN AS VIANDAS PARA A VENDA POLO ALUMNADO DE 6º (GRAZAS ÁS FAMILIAS QUE COLABORARON, AO ALUMNADO E AO PROFESORADO)
O ALUMNADO PREPÁRASE PARA DISFRAZARSE DE DIFERENTES PROFESIÓNS:
OS GRUPOS DISFRAZADOS TIRAN UNHA FOTO DE GRUPO
CO DISFRACE POSTO XA SE PODE FACER A BAIXADA AO PATIO
VILAVERDIÑO É BAIXADO POLO ALUMNADO DE 6º
XUÍZAS E XUÍCES DE 6º DAN LECTURA ÁS ACUSACIÓNS Á VILAVERDIÑO (QUE SE PODEN LER NO BLOG DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA) E Á CONDEA QUE LLE CORRESPONDE.
A CONTINUACIÓN TEN LUGAR O DESFILE
- O ALUMNADO DE TRES ANOS ÍAN DE FOTÓGRAFAS E FOTÓGRAFOS
- O ALUMNADO DE 4 ANOS DISFRÁZANSE DE DOUTORAS E DOUTORES
- O ALUMNADO DE 5 ANOS DE BOMBEIRAS E BOMBEIROS
- O ALUMNADO DE 1º, SON PESCADORAS E PESCADORES
- O ALUMNADO DE 2º SON ASTRONAUTAS
- O ALUMNADO DE 3º, XARDINEIRAS E XARDINEIROS
- O ALUMNADO DE 4º, CHEFS DE COCIÑA
- O ALUMNADO DE 5º, PERSOAL DE CABALEIRÍA DA IDADE MEDIA
- O ALUMANDO DE 6º... QUE CANTIDADE DE DISFRACES!: FRADES, CURAS, CARDENAIS, GARDAS, PERSOAL DO EXÉRCITO, ENFERMEIRAS E ENFERMEIROS, MINISTRAS E MINISTROS, SEPULTUREIRO,... TODAS E TODOS FORMAN A COMITIVA ESPECIAL DE VILAVERDIÑO
NENAS E NENOS DE 5º DAN LECTURA ÁS ÚLTIMAS VONTADES DO GALO VILAVERDIÑO
VENDA E DEGUSTACIÓN DE VIANDAS
SORTEO DE CESTA DE ENTROIDO
E TODO REMATA COA QUEIMA DO GALO VILAVERDIÑO
O VINDEIRO ANO VOLVERÁ DE NOVO VILAVERDIÑO POLO ENTROIDO... DE QUE VIRÁ VESTIDO NO 2018?