BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

27/1/14

A FAVOR DA PAZ NO COLEXIO. CONTRA O ACOSO ESCOLAR

DENDE HAI VARIOS DÍAS NO COLEXIO VIMOS TRABALLANDO UNHA TAREFA COMPLEXA RELACIONADA COA PAZ.
NESTE CURSO A TEMÁTICA RELACIÓNASE CO ACOSO ESCOLAR, COMO ATALLALO E PREVILO.
LORETO, A PROTAGONISTA DO LIBRO "OS PETOS DE LORETO"  (LIBRO CO QUE, COMO SABEDES, ESTAMOS A TRABALLAR EN ANIMACIÓN LECTORA TODAS AS CLASES DO COLE), MANDOUNOS HISTORIAS PARA APRENDER A RECOÑECER O ACOSO E OS SEUS TIPOS.
1. PARTIMOS DUN DEBATE EN GRUPOS SOBRE O QUE CREMOS QUE É ACOSO USANDO UNHAS IMAXES
2. CATEGORIZAMOS AS IMAXES POR TIPOS DE ACOSO
3. COMPLETAMOS INFORMACIÓN E SUBSANAMOS DÚBIDAS LENDO HISTORIAS E VENDO VÍDEOS SOBRE O ACOSO. TODAS ELAS REMITIDAS POR LORETO.
4. FALAMOS DE COMO PREVILO E PARALO.
E NO COLE DECIDIMOS PARALO... PARA CONCIENCIARNOS E REINVIDICAR O DEREITO A NON SUFRIR ACOSO...
5. ELABORAMOS CARTEIS A PARTIR DE EXEMPLOS E MODELOS TENDO AS MANS COMO PROTAGONISTAS DOS MESMOS
6. PREPARAMOS UNHA CANTIGA-BAILE PROTAGONIZADA POLAS MANS

TODO ESTE TRABALLO FIXÉMOLO COA AXUDA DUNHA PRESENTACIÓN QUE NOS SERVÍU DE GUIÓN. UNHA PRESENTACIÓN PARA AS E OS MAIORES E OUTRAS PARA PEQUES.



...


O DÍA 30 SAIREMOS AO PATIO CON PANCARTAS ELABORADAS NAS AULAS, CON ESLOGANS E CUNHA CANTIGA... A IDEA CENTRAL É USAR AS MANS PARA PARAR O ACOSO, USAR AS MANS PARA ACARIÑAR, SAUDAR, LER, MANDAR BICOS, ESCRIBIR,... NUNCA PARA ACOSAR E USAR A VIOLENCIA.
TODO COMPLETARASE CUN FOLLETO PARA QUE AS FAMILIAS LEAN CO ALUMNADO NA CASA E QUE SE ENTREGARÁ O XOVES.