UN LIBRO SOBRE O LIBRO, A BIBLIOTECA, A PALABRA OU A LECTOESCRITURA.
AS CLASES VAN LELO DE XEITO COMPARTIDO. VAN DEBATER SOBRE EL, VAN FALAR DO QUE LLES GUSTA E DO QUE NON,...
AS NENAS E OS NENOS INVESTIGARÁN QUE SON RECENSIÓNS E ONDE APARECEN ESTAS NA PRENSA E NAS REVISTAS.
DESPOIS AGASALLARÁN A LAMPI CON RECENSIÓNS SOBRE OS LIBROS PARA QUE FAGA UN SUPLEMENTO CULTURAL.
O ITINERARIO DO TRABALLO É:
1. RECÍBESE A carta de Lampi máis o libro e cada clase analiza a carta, observa o que pide e fala das dúbidas que lle xera a mesma.
2. DEBÁTENSE IDEAS PREVIAS: que é recensión? que pensamos que é?... despois darlle modelos de recensións en equipos cooperativos e que analicen para ver de que trata e que elementos leva (vai doc con exemplos de recensións e levaron copias de xornais). En gran grupo decidir que é unha recensión e onde aparecen
Recensións from xianadecide
3. No xornal buscar recensións... pero que máis hai nun xornal (repaso do traballado estes anos)? Power point para guía.
Son un xornal from xianadecide
PODEMOS ELABORAR UN LIBRIÑO COA GUÍA SEGUINTE
Co xornal ei from xianadecide
4. Co xornal podemos facer moitas actividades (plásticas, matemáticas, musicais, de lectura, de...) tamén podemos investigar... que pasou o día que naciches? Usar enlace HEMEROTECA e que cada nena e cada neno investigue cousas que sucederon o día que naceu.
5. Agora que xa sabemos que é unha recensión e que ás veces aparecen en xornal e revistas... Imos elaborar unha, a que nos pide Lampi.