NELES APARECEN ESTEREOTIPOS, MODELOS DE NENAS E NENOS, DE MOZAS E MOZOS, QUE XA NON SON VÁLIDOS.
OS CONTOS CLÁSICOS TRANSMITEN UNHA IMAXE DA MULLER E DO HOME MOI LONXANA Á QUE DEBERÍAN TER HOXE, SON OBRAS IMPORTANTES LITERARIAS, PERO ADEMAIS DE COÑECELOS, DEBEMOS ANALIZALOS, REFLEXIONAR CRITICAMENTE SOBRE ELES.
SON DIVERTIDOS, MAIS DEBEMOS FACER PATENTES OS VALORES QUE TRANSMITEN, CRITICALOS PARA EVITAR QUE SIRVAN DE MODELOS.
HAI VERSIÓNS DELES QUE NOS AXUDAN NESA ANÁLISE E NA TAREFA DE POÑER O NOSO GRANCIÑO DE AREA PARA ACADAR A IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES.
ENTRE OS CONTOS QUE CÓMPRE ANALIZAR ESTÁN O DE "BRANCANEVES E OS SETE ANANIÑOS", "CINCENTA", "A RATIÑA PRESUMIDA",... E "CARAPUCHIÑA VERMELLA" .
ASÍ QUE NÓS, IMOS TRABALLAR CON ESTE ÚLTIMO...
QUEREDES ANALIZALO CONNOSCO?:
NO CONTO CLÁSICO A NAI DE CARAPUCHIÑA, CARAPUCHIÑA E A AVOA TEÑEN UN PAPEL UN TANTO RARIÑO... NON SI? .