BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

8/2/13

ENTROIDO A TODA MÁQUINA!

Un cartel anuncia a festa,

unha festa que non sería posible sen a colaboración de toda a comunidade educativa: - Alumnado e profesorado que traballan arreo varios días, que desenvolven o proxecto sobre o entroido e as máquinas sen descanso e que están aí en cada detalle - Familias que colaboran coas lambetadas, co remate dos disfraces, coa costura, que axudan a que o alumnado cumpra as normas no cole cando o acompaña... - Persoal non docente que colabora, recoloca, fotocopia, acompaña, ... - ... O venres, ás nove comezan os preparativos: Emprátanse, córtanse, repártense as filloas, orellas, biscoitos,… O alumnado de 6º axuda na organización: cubos para o lixo, altofalantes, mesas de vendas,...

Vilaverdiño agarda e controla todo

Nas clases danse os últimos retoques das actividades do entroido: o almanaque do entroido, os poemas, os libros sobre os elementos do entroido galego, volvemos ver películas sobre as máquinas sobre as que xa traballaramos, dámos os retoques finais aos traxes,...

Disfrazámonos de máquinas, tiramos as primeiras fotos

Saímos ao patio, multitude de cámaras nos fan fotos...

Baixan a Vilaverdiño e 6º acompáñao ata o seu lugar. É o protagonista da festa e ten un sitio preferente no acto:

As presentadoras do evento aclaran a voz:

Desfilamos cunha música relacionada co noso disfrace de máquina. Aí van máquinas variadas: - As teles acompañadas dos seus mandos a distancia (educación infantil de tres anos) - As cámaras de fotos, con e sen baterías cargadas (educación infantil de catro anos) - Os ordenadores con teclado e rato (educación infantil de cinco anos) - As rodas engrenadas que fan funcionar máquinas diversas (1º) - As máquinas de multiplicar (2º) - As máquinas perfectas (ou case): o corpo humano. (3º) - Unhas máquinas simples, as tesoiras e os recortes (4º) - As máquinas existiron dende que o ser humano decidiu que precisaba algo que lle axudase, aí están as primeiras ferramentas, útiles, máquinas simples,... (5º) - Ningunha máquina que se prece pode funcionar se non hai quen a amañe, quen a invente, quen a deseñe, quen a imaxine,... (6º)

Con todo o malo que sucedeu este ano, Vilaverdiño non vai librarse de que o culpen de todo. Fanlle o xuízo do galo, dítase sentenza e lese o testamento

Tanto movemento, abre o apetito: Degustamos filloas, orellas e demais lambetadas

Cantamos as ladaíñas e queimamos ao galo, queda quentiño, quentiño... O que máis lle gusta a Vilaverdiño é que o queimen, así no vindeiro ano será novo do trinque.

Bailamos para rematar...

Non vos preocupedes, como esta é unha festa cíclica para o ano vai voltar!