Despois de investigar todas estas semanas e de aprender sobre as celebracións do outono, o clima, a vida dos animais e das persoas, os refráns,... Fixemos o magosto no colexio...
Á primeira hora comezaron os preparativos. 6º e 5º colaboraron: Recolleron as castañas, axudaron co lume e co asado, prepararon o circuíto de xogos para educación infantil, primeiro e segundo ciclos, repasaron as regras de cada estación do circuíto e foron recoller aos equipos que xa estaban distribuídos por cores (amarelo, azul, verde e vermello).
Ás once e media o alumnado do centro xa estaba xogando nos circuítos: baile, culler castaña, petanca, tira-soga,... Cada xogo estaba dirixido polo alumnado maior do centro.
Todo estupendo!
Mentres ocorrían os xogos, Paco e o algún alumnado maior asaba nas castañas.
Ao remate dos xogos repuxéronse forzas coas castañas.