Durante esta última quincena, nas clases xa xurdiron moitas actividades diferentes, por poñer algúns exemplos observade:
- Traballamos sobre Groenlandia, buscamos información, elaboramos esquemas (mapas mentais, esquemas de esferas,...), lemos textos usando estruturas cooperativas,... Todo isto en infantil, en 1º, en 3º, en...
- Elaboramos libros sobre o noso incio no curso, en 3 anos, en 4 anos,...
- Iniciamos algún proxecto novo: sobre a foca, sobre o oso, sobre o porco, sobre a Terra,...
- Debatemos sobre como se produce o día e a noite, igual que fixeron neste cole do vídeo
- Facemos un obradoiro para buscar información sobre as cartas... e...
falando de cartas...
AS MASCOTAS NON PARAN DE MANDARNOS MISIVAS VARIAS... e en 5º andarán copiándoas en breve... van facer un obradoiro sobre as cartas e... quen sabe! igual escriben a alguén especial!
Ah! E un tal Félix tamén manda cartas a Sofía... quen serán?