BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

22/4/12

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

DESTA VEZ LAMPI, A MASCOTA DA NOSA BIBLIOTECA, PENSOU QUE PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO PODIAMOS LER ALGUNHA OBRA DE CHARLES DICKENS. ESTE ANO CÚMPRENSE OS 200 ANOS DO NACEMENTO DESTE ESCRITOR. AS SÚAS OBRAS FIXERON GOZAR A NENAS E A NENOS DE VARIAS XERACIÓNS. GRAZAS A DICKENS PODEMOS MOVERNOS POLA INGLATERRA DO SÉCULO XIX. UN LIBRO COÑECIDO DE DICKENS É "CONTO DE NADAL", QUEREDES VER UNHA VERSIÓN? LAMPI CONVÍDANOS Á BIBLIOTECA PARA LER ALGUNHA XOIA DA BIBLIOGRAFÍA DE CHARLES DICKENS E TAMÉN PARA LEMBRAR A OBRA CUME DE CERVANTES... AQUÍ DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS DO DÍA