HOXE ESTIVEMOS POÑÉNDOLLE AS PLUMAS A VILAVERDIÑO. TEN UNHA CHEA DELAS!
FIXEMOS PLUMAS ABONDO: PLUMAS DE CORES, PLUMAS DE PAPEL DE REVISTAS, PLUMAS DE PAPEL DE XORNAL,... DECIDIMOS POÑERLLE DE TODO PARA EVITAR QUE SE QUEIXE PORQUE ALGO LLE DEA MALA SORTE... ESTÁ TAN INSOPORTABLE CON TANTA SUPERSTICIÓN!
AS NENAS E OS NENOS PASAN POR ALÍ PARA VER COMO VAI QUEDANDO, CADA MINUTO ESTÁ MÁIS GUAPO, VAI MELLORANDO SEGUNDO VAN PASANDO OS GRUPOS PARA PEGARLLE AS PLUMAS QUE FIXERON...
MENTRES TANTO NA CLASE DE MÚSICA PREPÁRASE LETRA E MÚSICA A UNHA CANTIGA PARA O GALO (SERÁ UNHA ADAPTACIÓN DA CANTIGA DE LEILÍA). CANTARAA O ALUMNADO DO CORO E VAI TODA SOBRE AS SUPERSTICIÓNS, VELAQUÍ UN ANAQUIÑO:
VAI TI (2012)
VAI TI, VAI TI, VAI ELA,
NON VERTAS SAL NA TERRA,
VAI TI, VAI TI, VAI ELA,
TOCA BEN A MADEIRA
O galo Vilaverdiño
debaixo dunha escaleira!
iso dá moi mala sorte,
lisca rapidiño dela!!!
Ao Vilaverdiño ímolo queimar,
primeiro xulgalo e despois chorar,
ao Vilaverdiño ímolo queimar,
outro ano máis non se vai zafar.
VAI TI, VAI TI, VAI ELA,
NON VERTAS SAL NA TERRA,
VAI TI, VAI TI, VAI ELA,
TOCA BEN A MADEIRA.
O galo Vilaverdiño
tirou o saleiro ao chan,
o que non sabe este galo:
que a mala sorte virá.
Ao Vilaverdiño ímolo queimar,
primeiro xulgalo e despois chorar,
ao Vilaverdiño ímolo queimar,
outro ano máis non se vai zafar.
VAI TI, VAI TI, VAI ELA,
NON VERTAS SAL NA TERRA,
VAI TI, VAI TI, VAI ELA,
TOCA BEN A MADEIRA.
...