ESTE ANOS PRESENTAMOS MOITOS TRABALLOS DE INFANTIL, 1º CICLO E 5ºA AO CONCURSO DO CONCELLO E A FUNDACIÓN MENIÑOS SOBRE OS DEREITOS DA INFANCIA, E MÁIS CONCRETAMENTE O DEREITO A TER UNHA FAMILIA. O CONCURSO TITULÁBASE "PLANTANDO UN ARCO DA VELLA".
COMO A CALIDADE DOS TRABALLOS PRESENTADOS ERA MOI BOA DECIDIRON FACER UNHA EXPOSICIÓN QUE ESTARÁ NO EDIFICIO DO CONCELLO E NO CHALÉ DE FONTOIRA DURANTE AS DATAS DO NADAL. ALÍ PODEREMOS VISITAR OS 50 TRABALLOS SELECCIONADOS.
ADEMAIS UN TRABALLO DE INFANTIL DE TRES ANOS, ELABORADO POR ADRIANA NEIRA E OUTRO DE 5ºA ELABORADO POR FERNANDO, ESTRELA, PAULA E DAVID TEÑEN UN PREMIO ESPECIAL QUE RECOLLERÁN NO CONCELLO O VINDEIRO DÍA 20. NORABOA!