DESPOIS DE TANTO TRABALLAR SOBRE O OUTONO E AS SÚAS CELEBRACIÓNS (MAGOSTO, ESFOLLADAS, SAMAÍN, VENDIMA,...), SOBRE O OUTONO E OS FROITOS, SOBRE O OUTONO E A ARTE, SOBRE O OUTONO E AS MATEMÁTICAS... DESPOIS DE LER PÁXINAS WEB SOBRE O TEMA, DE COMENTAR NOTICIAS VARIADAS DE XORNAL, DE TRABALLAR CON CANTIGAS, DE LER POEMAS, DE VISUALIZAR PRESENTACIÓNS EN POWER POINT...
DESPOIS DE CANTAR, BAILAR, ESCOITAR CANCIÓNS RELACIONADAS, DE XOGAR CON XOGOS TÍPICOS,...
DE ELABORAR LIBROS XIGANTES QUE RECOLLAN A INVESTIGACIÓN EN CADA NIVEL
DE PARTICIPAR NA EXPOSICIÓN DE BODEGÓNS (PINTADOS, REAIS, FOTOGRAFADOS,...)...
POR FIN... CELEBRAMOS O MAGOSTO!!!
ESTE ANO:
- FIXEMOS UN CIRCUÍTO CON ACTIVIDADES VARIADAS, AS NENAS E OS NENOS DE 6º ERAN AS MONITORAS E OS MONITORES. 1º AXUDAMOS NA ORGANIZACIÓN E NA COLOCACIÓNS DOS MATERIAIS
COLABORAMOS NO RECUNCHO DA POESÍA:
TAMÉN NO DE MÚSICA
E NO DE "CUIDADÍN"
AXUDAMOS NA ELABORACIÓN DO MACROBODEGÓN, DENDE AS CLASES ELABORARON AS FROITAS E DESPOIS FOISE PEGANDO NA BASE-MURAL
NO XOGO CHAPA-CASTAÑA TAMÉN BOTAMOS UNHA MAN
- FIXEMOS FOGUEIRA E ASAMOS CASTAÑAS, AQUÍ PACO, COMO TODOS OS ANOS FOI O XEFE, INDA QUE TAMÉN AS NENAS E NENOS DE 6º AXUDARON.
- DESPOIS DEGUSTAMOS AS CASTAÑAS NAS AULAS, O PATIO ESTABA MOLLADO POLA INTENSA CHUVIA. AS NENAS E OS NENOS DE 6º AXUDARON ÁS MÁIS CATIVAS E AOS MÁIS CATIVOS A DESCASCAR...
ESTIVO XENIAL!! ATA A CHUVIA NON QUIXO PERDERSE A CELEBRACIÓN!!!