BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

26/10/11

INVESTIGAMOS SOBRE O SAMAÍN /HALLOWEEN

No outono temos moitas celebracións: a vendima, as esfolladas, a mata do porco, o samaín,...
O Samaín é unha festa de orixe celta, a mesma orixe que ten o Halloween. É unha festa que ten lugar ao redor do 1 de novembro e as cabazas teñen nela moito protagonismo. As e os celtas celebraban o ano novo o 1 de novembro e comezaban ese festexo na noite do 31 de outubro, noite na que encendían fogatas e facían bruxerías en honor do cabaleiro da morte, Samhain. Por medo e para que non viñeran os espíritos ás súas casas enchíanas de ósos e caveiras para que os espíritos se asustasen e marchasen. Por iso se poñen as cabazas simulando caveiras.
Este ano no colexio investigamos sobre esta celebración, realizamos actividades variadas

e temos un concurso de cabazas

Fixemos varias actividades relacionadas co Samaín e Halloween: lecturas, murais, libriños, esquemas,... incluídas no proxecto de outono que estamos a desenvolver. Xa aparecerán cousiñas deste traballo nos blog de nivel.