Neste blog, dende o curso 2009/2010 as mascotas do CEIP Vilaverde, deixarán as súas mensaxes máis secretas. Non deixedes de visitalo de cote para poder lelas. Ata loguiño!
BENVIDA
Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.
MOI PRONTO VAI CELEBRARSE O DÍA DO MEDIOAMBIENTE. COMO TODOS OS ANOS QUEREMOS LEMBRAR A NECESIDADE DO SEU COIDADO. PODEDES LER HISTORIAS E VER VÍDEOS NO BLOG http://xianadecide.blogspot.com.es/... E ADEMAIS TRABALLAR USANDO ESTES MATERIAIS:
Na planta baixa do centro estase a colocar o resultado das investigacións, guiadas por webquest, que cada equipo realizou sobre aspectos variados da vida de Valentín Paz Andrade: biografía, viaxes, obra, vida política.
Velaquí como vai quedando:
- Espiral de biografía elaborada polo alumnado de infantil e 1º de E.P:
Hpxe, ás 18 horas tivo lugar a recepción de familias do novo alumnado que se incorporará ao centro o vindeiro curso. Nesta xuntanza, ademais das familias estiveron presentes, o equipo directivo, o presidente da ANPA, o equipo de profesorado de educación infantil e a orientadora. Programouse coas familias a actividade de recepción de nenas e nenos no colexio que terá lugar a vindeira semana, comeza así a primeira fase do período de adaptación que terá continuidade en setembro.
O MÉRCORES, 22 DE MAIO, ONDACERO VEU AO COLEXIO. NENAS E NENOS ESTIVEMOS RECITANDO, CONTANDO CHISTES E MESMO CANTANDO. IMOS SAÍR NA RADIO!!!
FOI UNHA EXPERIENCIA MOI INTERESANTE. PUIDEMOS RECITAR OS POEMAS QUE ELABORAMOS PARA O CERTAME DE POESÍA, CONTAR OS CHISTES DO FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS E CANTAR ALGUNHAS CANTIGAS QUE COÑECEMOS NO NOSO IDIOMA. MIRADE ALGUNHA FOTO DESE DÍA.
O día 16 de maio celebramos no colexio o Festival das Letras Galegas. Fixémolo bailando. Cada nivel bailou cunha canción do grupo Pesdelán... e sabedes? o grupo actuou en directo para nós. Foi xenial escoitar cantigas na nosa lingua e bailar ...
O XX Certame de Poesía, tivo un curso máis un recital. Nenas e nenos dos diferentes ciclos recitaron os seus poemas ás compañeiras e compañeiros de ciclo.
Tamén foron seleccionados os mellores chistes para seren contados durante o Recital poético no patio
O día 15 de maio, celebrouse o Recital no patio. Comezou a celebración coa lectura do manifesto “Vitaminas para o galego”, realizada por nenas e nenos de 6º. Elas e eles tamén se encargaron da presentación durante o recital, que rematou cos agasallos e cos chistes... Mellor dito... que rematou cunha fermosísima actuación do coro do colexio dirixido pola profe Lola.
Vemos 1º ás nenas e aos nenos de Infantil cos seus recitados
E a continuación o recitado do alumnado de primaria.
Xa vos contaramos que estamos de celebración. Celebramos os 20 anos do noso Certame de Poesia. Así que puxemos unha exposición das nosas publicacións.
Esta exposición imos completala coas poesías voandeiras que se están a facer con axuda das familias en cada clase. Veredes que preciosidades! É que as nosas nenas e os nosos nenos son grandes artistas pero as familias inda o son máis!
Rematada a investigación sobre países europeos, estamos xa a colocar os murais nos corredores. Velaquí o de inglés e o de Educación física
Aquí está o de cada clase
AS MASCOTAS DE AULA DECATÁRONSE DE QUE LAMPI ESQUECEU MENCIONAR QUE ADEMAIS DE POR CERVANTES, POR SHAKESPEARE,POLO O INCA GARCILASO,...POR SER O DÍA DO LIBRO,... O 23 DE ABRIL É UNHA DATA IMPORTANTE PORQUE NELA NACEU UN PONTEVEDRÉS IMPORTANTE: VALENTÍN PAZ ANDRADE A EL DEDÍCASE ESTE ANO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. NO COLEXIO XA ESTAMOS TRABALLANDO SOBRE EL.
DESENVOLVEREMOS XUNTO CO EDL UN TRABALLO RELACIONADO CON "CATRO ESFERAS" SOBRE ESTE FAMOSO PONTEVEDRÉS: A BIOGRÁFICA, A VIAXEIRA, A POLÍTICA E A LITERARIO-ESCRITORA.
QUEDA AQUÍ UN POEMA SEU PARA IR LENDO:
Vén o aire ateigado de palabras,
cada mañá chamando aos nosos vidros,
para por a xermolar son e semente.
As palabras decote están falando
e somos nós os xordos á mensaxe
que no seo das sílabas carrexan.
DENDE O VENRES, NUN CORREDOR DO 1º ANDAR, TEMOS UNHA EXPOSICIÓN INTERESANTE. É UN CALENDARIO.
CADA DÍA DE CADA MES RECOLLE UN EVENTO OU UN PERSONAXE. HAI DIFERENTES PERSONAXES FEMININAS QUE SE DEDICARON Á INVESTIGACIÓN, Á POLITICA,... OU QUE FORON COÑECIDAS POLA SÚA OBRA OU AS SÚAS ACHEGAS Á LIBERDADE, Á XUSTIZA, AO PENSAMENTO,...
A EXPOSICIÓN FOI EMPRESTADA AO CENTRO POLA STEG.
NON DEIXEDES DE VISITALA.
TRATA DE VISIBILIZAR A ALGUNHAS DAS MULLERES QUE DEIXARON A SÚA PEGADA AO LONGO DOS TEMPOS.
PODEMOS XOGAR A ATOPAR:
NOME DUNHA ESPÍA
NOME DUNHA PILOTO
NOME DA INVENTORA DO TIPEX
NOME DE QUEN GAÑOU O NOBEL DE FÍSICA EN 1903
NOME DA PRIMEIRA MINISTRA DA DEMOCRACIA ESPAÑOLA
NOME DA PRIMEIRA MULLER XEFA DE ESTADO NUN PAÍS DE ÁFRICA