BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

23/2/26

ROSALÍA DE CASTRO

 

🌹 Día de Rosalía: Celebrando a nosa poeta máis universal

Cada 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía, unha data moi especial para Galicia. Neste día conmemoramos o nacemento de Rosalía de Castro, unha das escritoras máis importantes da nosa historia e símbolo da identidade e da lingua galega.

No cole temos un espazo para sentir o galego chamado DALLE Ó GALEGO.

O noso recuncho non é só unha decoración: é un lugar para aprender, compartir e manter viva a memoria dunha muller que loitou pola dignidade do galego.



Con pequenas accións, como crear este espazo no cole e adicar uns poucos minutos a súa obra, facemos que a súa voz siga presente nas nosas aulas.

🌹 Viva Rosalía! Viva a lingua galega!

6/2/26

ENTROIDO 2026

Nestes días de choiva seguimos a preparar o ENTROIDO, xa temos os disfraces listos e toda a rapazada ten moitas ganas de que chegue o desfile.

Este ano estará cheo de MÚSICA de diferentes épocas, as mestras e os mestras así como os nenos e nenas fixeron un traballo marabilloso deseñando e confencionando os seus propios disfraces. 



Xa que a previsión do tempo non era boa e, cumplindo os mandadiños , levamos unha semana con moitos peiteados incribles, zapatos ao revés... Mirade o esquelete que aparecía no cole todos os días para poder ler o que tiñamos que facer.



 Nuns días seguimos coa festa todos e todas xuntos desfrutando do desfile dos nosos nenos
e nenas.

 


Moitas gracias familias por facer posible este ENTROIDO.

5/2/26

DÍA DA PAZ

No Día da Paz, no noso colexio pensamos especialmente nos nenos e nenas doutros países que non poden vivir en paz como nós. Hai lugares do mundo onde os conflitos fan que moitos rapaces e rapazas teñan que deixar as súas casas, non poidan ir á escola ou vivan con medo.

Por iso, decidimos enviarlles algo moi importante: as nosas mensaxes de paz, amizade e esperanza 💌.



Desde as aulas, escribimos palabras bonitas, fixemos debuxos cheos de cor e corazóns, e imaxinamos como sería un mundo no que todos os nenos e nenas puidesen xogar, aprender e sorrir sen medo. As nosas mensaxes din cousas como:

  • “Non estades sós”

  • “Pensamos en vós”

  • “Desexámosvos paz e felicidade”



Durante esta xornada, o alumnado participou en diferentes actividades cheas de significado. Ademais, dende a ANPA OS VALADOS quixeron contribuir a iniciativa do cole decorando a entrada con diferentes mensaxes de PAZ.



Entre todos e todas, podemos facer do mundo un lugar mellor.

Porque a paz comeza en ti, comeza en min, comeza no cole.

🕊️ Feliz Día da Paz! 🕊️