BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

30/4/16

ANTÓN CORTIZAS VISITA O COLE

ANTÓN CORTIZAS ESTIVO NO CENTRO CO ALUMNADO DE 2º QUE LERA O SEU LIBRO
"O LAPIS DE ROSALÍA".


29/4/16

EDUCACIÓN FÍSICA PARA TODAS E TODOS

Un grupo de profesoras e profesores de Educación Física e entrenadoras e entrenadores deportivos das provincias de Pontevedra, Ourense e A Coruña participaron no CRE da ONCE nunha xornada sobre deporte accesible para persoas cegas ou con discapacidade visual. O profesorado do noso centro tamén.

27/4/16

MANUEL MARÍA NAS AULAS

A FIGURA DE MANUEL MARÍA É MOI IMPORTANTE PARA AS LETRAS GALEGAS.
NAS AULAS TRABALLAMOS COS SEUS POEMAS, ENTRE OUTRAS MOITAS ACTIVIDADES;
 "UN POEMA PARA CADA DÍA",
 "A IMAXE PARA UN POEMA"(CADA CLASE BUSCARÁ UNHA PAISAXE RELACIONADA CUN POEMA, REPRESENTARAA E EXPORÁ O RESULTADO NOS CORREDORES DO CENTRO),
"OS POEMAS MUSICADOS DE MANUEL MARÍA",
"LER POEMAS NO PATIO",
 "MARATÓN DE POESÍA DE MANUEL MARÍA NA BIBLIOTECA"

26/4/16

NOVA TEMÁTICA DE CENTRO

REMATAMOS DE TRABALLAR COA PRENSA E COA TEMÁTICA DE CERVANTES E O SEU 400 ANIVERSARIO...
ASÍ QUE...
DENDE MASCOTILANDIA, AS MASCOTAS DE CADA CLASE REMITEN UNHA CARTA PARA QUE O ALUMNADO LLES AXUDE COA SÚA INVESTIGACIÓN.
QUEREDES AXUDARNOS?
   

21/4/16

LECTURA DO QUIXOTE NA BIBLIOTECA

HOXE COMEZAMOS COA LECTURA CONTINUADA DO QUIXOTE NA BIBLIOTECA. MAÑÁ CONTINUAREMOS.
É A NOSA PEQUENA HOMENAXE A CERVANTES E UNHA DAS ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO

O ALUMNADO MAIOR APROVEITOU A HOMENAXE PARA CANTARLLE A CERVANTES E AO QUIXOTE CUN ESTILO MOI PECULIAR:

18/4/16

TRABALLAMOS COA PRENSA

NESTA SEMANA TAMÉN A PRENSA SERÁ PROTAGONISTA NAS AULAS.
TRABALLAREMOS DIFERENTES ASPECTOS E ÁMBITOS CO XORNAL E TAMÉN SOBRE O XORNAL MESMO.
AS NENAS E OS NENOS LERÁN NOVAS RELACIONADAS COS SEUS PROXECTOS, INVENTARÁN NOTICIAS E LERAN NO XORNAL REPORTAXES E NOTICIAS QUE TEÑAN QUE VER CON CERVANTES.
LAMPI TEN PREPARADA UNHA SORPRESA PARA O MÉRCORES... XA VOS CONTAREMOS!

17/4/16

TODO LISTO PARA CELEBRAR O 400 ANIVERSARIO DA MORTE DE CERVANTES E O DÍA DO LIBRO

COMO XA VOS DICIAMOS MOITAS TAREFAS E PROXECTOS NAS AULAS ESTIVERON PROTAGONIZADOS POR CERVANTES E A SÚA OBRA MÁIS COÑECIDA.
NO CENTRO TODO ESTÁ LISTO PARA A CELEBRACIÓN.
OS PERSONAXES DO QUIXOTE NA ENTRADA

UNHA EXPOSICIÓN DE LIBROS NA BIBLIOTECA

E CARTACES ANUNCIANDO A LECTURA CONTINUADA DO QUIXOTE NA BIBLIOTECA QUE TERÁ LUGAR OS DÍAS 21 E 22 DE ABRIL.

12/4/16

UN CUARTO CENTENARIO

PREPARÁMONOS PARA CELEBRAR O IV CENTENARIO DA MORTE DE CERVANTES...

 E COMO NON PODÍA SER MENOS, A SÚA OBRA MÁIS COÑECIDA PROTAGONIZARÁ ACTIVIDADES NAS AULAS, NA BIBLIOTECA, NO PATIO, NOS CORREDORES,...
PODEDES ACCEDER A RECURSOS NO BLOG DA BIBLIOTECA.

3/4/16

NOVOS PROXECTOS NAS AULAS NO MES DE ABRIL

COMEZAMOS UN NOVO TRIMESTRE E UNHA CHEA DE PROXECTOS ENTRAN NAS AULAS:
- AS XOANIÑAS
- AS ABELLAS
- EXIPTO
- OS RÉPTILES: DRAGÓN E TARTARUGA
- AS AVES: PINGÜÍN E PAVO REAL
- AS PLANTAS
- OS APARATOS DO CORPO HUMANO
- ELECTRICIDADE E MAGNETISMO
-...
AGARDAMOS QUE NOS AXUDEDES COA INVESTIGACIÓN... QUEREMOS SABER UNHA CHEA DE COUSAS!