BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

22/6/12

FIN DO CURSO 2011-2012


Nas aulas organizáronse festas para despedir o curso.
Ademais no patio:
-          asistimos á representación da obra de teatro “Arco da vella” coa actuación do alumnado de 5 anos C.
-          despois houbo baile, onde gozamos coas danzas aprendidas na clase con Lola durante todo o curso. Temos uns bailaríns e unhas bailarinas xeniais!
Ata o curso vindeiro!

XA É 22 DE XUÑO E HOXE REMATAMOS AS CLASES POR ESTE CURSO.
AS MASCOTAS SAÍMOS DE MASCOTILANDIA E MARCHAMOS DE VACACIÓNS DE VERÁN, AS NENAS E OS NENOS VAN DESCANSAR ÁS SÚAS CASAS E O PROFESORADO... BEN, O PROFESORADO INDA QUEDA UN CHISQUIÑO MÁIS NO COLE...
FELIZ VERÁN!
ATA SETEMBRO!!

DESPEDIDAS

6º REVISA A SÚA HISTORIA NO COLEXIO Nesta última semana o profesorado despídese do alumnado de 6º e entre as actividades estivo a sorpresa de amosarlles as súas fotos dende infantil. O ALUMNADO DESPÍDESE DO PROFESORADO O alumnado de 6º despídese do profesorado. Hai fotos, agasallos, dedicatorias,... Tamén hai un agasallo e unha despedida especial para Nieves, que durante moitos cursos mantivo coa clase unha relación especial. A despedida máis emotiva foi a que o alumnado dedicou a Sita pola súa xubilación: ramo de flores, libro especial con cartolinas e dedicatorias e... unha cantiga con letra do alumnado de 6º e voces do coro do colexio.

20/6/12

XUBILACIÓN

NO COLEXIO, XUBÍLASE ESTE CURSO UNHA PROFE QUE LEVA CONNOSCO MOITOS ANOS POLO QUE VARIAS XENERACIÓNS DE ALUMNADO PUIDERON TRABALLAR CON ELA.
DESEXAMOS QUE O PASE MOI BEN DENDE XA, QUE TEÑA MOITA SORTE NA NOVA VIDA QUE COMEZA. NÓS BOTARÉMOLA DE MENOS.
NON DIXEMOS INDA O NOME...ESTE CURSO XUBÍLASE A PROFE SITA. DESPOIS DE MÁIS DE TRES DÉCADAS DEDICADA AO ENSINO, 24 ANOS TRABALLANDO CO ALUMNADO NO CEIP DE VILAVERDE, VAI GOZAR COAS SÚAS MÚLTIPLES AFECCIÓNS: A LECTURA, A CAMIÑADA, AS VIAXES, A FOTOGRAFÍA E AS TECNOLOXÍAS, A PRAIA,...GRAZAS POLA TÚA PROFESIONALIDADE, INCANSABLE COLABORACIÓN E AMIZADE, GRAZAS POR PERMITIRNOS APRENDER CONTIGO. GRAZAS PROFE SITA.

16/6/12

FESTA DA COMUNIDADE ESCOLAR ORGANIZADA POLA ANPA

O sábado 16 de xuño tivo lugar no centro unha festa. Foi a festa de final de curso. A ela asistiron as familias, o alumnado e o profesorado.

15/6/12

UNHA VISITA DUNHA ESCRITORA PARA 4º

O Venres 15 de xuño de 2012 a escritora Mariné Corcoba presentou o seu fermoso libro “Un soño na bandexa” ao alumnado de 4º de primaria da aula de relixión. As nenas e nenos agasallaron á autora cun libro feito por eles e elas onde ían debuxados os seus mellores soños.

14/6/12

XA ESTÁ COLOCADA A EXPOSICIÓN DAS POESÍAS VOANDEIRAS

COMO LEMBRAREDES, CO GALLO DO XX CERTAME DE POESÍA, PROPUXEMOS QUE EN CADA CLASE, FAMILIA E ALUMNADO, CONSTRUÍSEN UN ENORME POEMA EN COLABORACIÓN. A ACTIVIDADE CHAMOUSE POESÍA VOANDEIRA E LEVA PERCORRENDO OS DIFERENTES FOGARES DENDE COMEZOS DE MAIO. QUEDARON FERMOSAS... E É QUE A POESÍA É O PUNTO FORTE DA NOSA COMUNIDADE ESCOLAR... VERDADE QUE SI? VELAQUÍ UNHAS FOTOS DA EXPOSICIÓN QUE PODEDES VER EN DIRECTO VISITANDO O COLEXIO.

12/6/12

TRABALLAMOS SOBRE HIXIENE POSTURAL

ESTES DÍAS NO COLEXIO, ESTAMOS A TRABALLAR AS POSTURAS CORRECTAS. MARCELA - A NAI DUN ALUMNO DO CENTRO- ESTÁ ENSINÁNDONOS MOITO SOBRE ESTE TEMA. IREMOS POÑENDO FOTOS. GRAZAS MARCELA! ESTE TRIMESTRE TAMÉN TRABALLAMOS SOBRE AS MOCHILAS E CALES SON AS MÁIS ADECUADAS. TEMOS UN VÍDEO NO BLOG http://xianadecide.blogspot.com.es/, NON DEIXEDES DE REPASAR O QUE FALAMOS SOBRE ISTO NA AULA.

11/6/12

UNHA SEMANA DE ACOLLIDAS

ESTA SEMANA COMEZAN AS ACOLLIDAS DO ALUMNADO QUE CAMBIA DE CICLO. É A PRIMEIRA FASE DO PLAN DE ACOLLIDA. O ALUMANDO DE INFANTIL DE 5 ANOS VISITARÁ AS AULAS DE 1º E VERÁN QUE TEÑEN AXENDA, QUE NON LEVAN MANDILÓN, QUE ESCRIBEN MOITÍSIMO, QUE TAMÉN FAN PROXECTOS,... LEVAN MOITAS PREGUNTAS PARA FACERLLES DE COMO É ESTAR EN 1º. O ALUMNADO DE 2º VAI VISITAR 3º PARA QUE LLES FALEN DOS MATERIAIS, DAS AXENDAS, DO QUE SE APRENDE... O ALUMNADO DE 4º VAI A 5º, ALÍ VERÁN COMO SON AS AXENDAS DO ALUMNADO MAIOR, COMO SON OS CADERNOS QUE USAN, QUE COUSAS TRABALLAN NA AULA,... E... O MELLOR... TEÑEN PORTÁTILES! MIRADE QUE FOTOS!

8/6/12

ESTA SEMANA TEMOS AO NOVO ALUMNADO NO CENTRO

AS NENAS E OS NENOS QUE O VINDEIRO CURSO ESTARÁN EN INFANTIL DE TRES ANOS, DURANTE ESTA SEMANA COÑECEN AS QUE SERÁN AS SÚAS NOVAS AULAS. VEÑEN CON MOITA ILUSIÓN; MAMÁS, PAPÁS, AVOAS E AVÓS, TAMÉN. MOITAS E MOITOS ESTÁN TAN A GUSTO QUE NON QUEREN MARCHAR. ATA HAI QUEN SE ATOPOU NO PATIO COA IRMÁ OU IRMÁN MAIOR. IMOS IR POÑENDO FOTOS PARA QUE AS E OS VAIADES COÑECENDO.

UNHA ANIMACIÓN NA BIBLIOTECA PARA INFANTIL DE 5 ANOS

AS NENAS E OS NENOS DE INFANTIL DE 5 ANOS TRABALLARON SOBRE UN LIBRO "BESOS PARA CADA MOMENTO" E HOXE RECIBIRON A VISITA DUN ANIMADOR", DIXO QUE NON SABÍA CONTOS E QUE ERA GRANXEIRO... PASÁMOLO ESTUPENDO NA BIBLIOTECA E AXUDÁMOLO. DESPEDÍMOLO CON BICOS VARIADOS E UNS MOI, MOI SONOROS. DESPOIS DE TRABALLAR E LER O LIBRO LEVÁMOLO PARA CASA, ALÍ IMOS LERLLO A MAMÁ E A PAPÁ.

7/6/12

A PUBLICACIÓN DO CARTAFOL DO LÉREZ

HOXE O ALUMNADO DO 3º CICLO TIVEMOS UNHA VISITA. VEU XENTE DO CONCELLO E TROUXÉRONNOS UNHA PUBLICACIÓN: UN Nº DO "CARTAFOL DO LÉREZ", NELA APARECE UNHA REPORTAXE SOBRE A NOSA BIBLIOTECA E RECÓLLENSE OS OBRADOIROS QUE TIVERON LUGAR NO NOSO CENTRO DURANTE O MES DE MAIO. NO COLEXIO, NO EDIFICIO DE SECRETARÍA, HAI UNHA FERMOSÍSIMA EXPOSICIÓN DE FOTOS RELACIONADAS CO NOSO RÍO LÉREZ. NON A PERDADES, É ESTUPENDA!AS CLASES VAN VÉNDOA POUCO A POCO.

5/6/12

UN OBRADOIRO MEDIOAMBIENTAL

DENDE HAI UNS DÍAS TRABALLAMOS SOBRE A CONSERVACIÓN DO MEDIO. O DÍA DO MEDIOAMBIENTE O ALUMNADO DE 6º REALIZOU UN OBRADOIRO MEDIOAMBIENTAL CON VARIAS ACTIVIDADES. O OBRADOIRO TIVO LUGAR NO PATIO.

4/6/12

UNHA VISITA DE FINA CASALDERREY

1º E 6º RECIBIRÁN A VISITA DE FINA CASALDERREY. DURANTE ESTE TRIMESTRE TRABALLARON CON LIBROS ("ÁS DE MOSCA PARA ANXO" E "QUEN ME QUERE ADOPTAR?") DESTA FABULOSA ESCRITORA E AGORA AGARDAN CON IMPACIENCIA VELA E FALAR CON ELA DA SÚA OBRA. O VENRES COLOCARON TODOS OS TRABALLOS QUE REALIZARON: CARICATURA DA ESCRITORA, UN POEMA DEDICADO, TRABALLOS COOPERATIVOS SOBRE QUE SE PODE ADOPTAR... PALABRAS PARA REGALAR A FINA,... TAMÉN HAI UNHA MINIEXPOSICIÓN DA SÚA OBRA. E CHEGOU O DÍA... 1º