BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

24/1/26

30 DE XANEIRO. DÍA DA PAZ

Nesta semana imos a celebrar o día da PAZ reflexionando sobre o significado da mesma na actualidade.

A paz é vivir sen guerras nin violencia. É poder xogar, aprender e durmir tranquilos, sen medo. Cando non hai guerra, as persoas falan para entenderse, buscan acordos e respectan as diferenzas.

A paz constrúese cada día con xestos pequenos: axudando aos demais, compartindo, sendo xustos e resolvendo os conflitos falando e non loitando. A guerra fai dano e tristeza; a paz trae esperanza e futuro.

Todos, tamén os nenos e nenas, podemos coidar a paz coas nosas palabras e accións. Se escollemos a paz e dicimos non á guerra, o mundo será un lugar máis seguro e feliz para todos.

Dende as aulas estamos a preparar unha canción en LSE que podedes practicar todas e todos xuntos.


Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración.

14/1/26

LIDIA FOLGAR


O próximo mércores 21 de xaneiro de 17:00 19:00 h realizaremos unha charla con Lidia Folgar, recoñecida dietista-nutricionista pediátrica e divulgadora científica, na que se darán diferentes ferramentas para mellorar a relación dos vosos fillos e fillas coa comida e cos seus corpos. 


Para facilitar a participación e a conciliación, a ANPA ofrecerá servizo de atención á rapazada, polo que necesitamos saber tamén as nenas e nenos que asistirán por familia.

Neste vídeo LIDIA FOLGAR invita a toda a comunidade do CEIP VILAVERDE MOURENTE a participar nesta charla divulgativa.



Esperamos a vosa participación

18/12/25

LÚA GÁNDARA NO NOSO COLE

Se clicades nas diferentes pestanas poderedes desfrutar do traballo realizado arredor da figura de Lúa Gándara, nas diferentes aulas do CEIP VILAVERDE MOURENTE.

14/12/25

XA CHEGA O NADAL.

 Nas aulas, nos corredores . . . en todos os recunchos de Vilaverde xa se nota o

                                                     Nadal



Estes son algúns exemplos das magnificas composicións navideñas dos nosos ciclos. Neste caso as aulas de 3 anos. 


Este ano a nosa artista convidada será LÚA GÁNDARA que visitará o cole o vindeiro 17 de decembro para realizar uns talleres cos nosos nenos e nenas.




Tamén , nas diferentes aulas estamos a traballar CANTOS de NADAL en galego. se clicades na palabra música poderedes escoitalos en familia.

Este ano segue enchéndose de música.





5/12/25

O VILAVERDE SEGUE CON BO RITMO

No CEIP VILAVERDE MOURENTE apostamos por dar visibilidade ás persoas con diversidade funcional, recoñecendo o seu valor, os seus talentos e a súa contribución á comunidade. 

Neste curso escolar tan pegado a MÚSICA queremos recoñecer a diversos artistas que como non, contribúen a facer da música un entorno cheo de posibilidades.

A música é unha das formas máis universais de expresión humana e un poderoso vehículo para transmitir valores positivos. A través das súas letras, ritmos e emocións, axúdanos a comprender aos demais, promovendo o respecto, a empatía e a convivencia.

Na seguinte presentación podedes explorar diferentes audios realizados polos nenos e nenas sobre a importancia dos artistas musicais que se traballaron nas diferentes aulas. 




26/11/25

25 N. DÍA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Este ano no Ceip Vilaverde Mourente reivindicamos a importancia da visibilidade de días como o 25 N, cun mensaxe positivo e sentindo que todos e todas podemos poñer da nosa parte para CAMBIAR O MUNDO.

Con este obxectivo nas aulas leváronse a cabo diferentes actividades que puxeron de manifesto a importancia da:

- IGUALDADE

- LIBERDADE

- RESPECTO

-...

No patio todos xuntos cantamos a canción “Golden” fala de crer en ti mesmo e de sentirte especial, como se tiveras unha luz dourada dentro. As cantantes queren dicirlle ás persoas que todas e todos temos algo valioso que nos fai únicos, e que non debemos deixarnos levar polos medos nin polas opinións negativas doutra xente.



MOITAS GRACIAS A COMUNIDADE DO CEIP VILAVERDE MOURENTE POR FACELO POSIBLE.

16/10/25

CANTIGAS PARA O SAMAÍN

ESTE  ANO A TEMÁTICA VERTICAL QUE IMOS TRABALLAR NO COLE É A MÚSICA. A MESMA TEMÁTICA QUE NO SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA  2026. 

A MÚSICA TAMÉN ESTARÁ PRESENTE O DÍA DA CELEBRACIÓN DO SAMAÍN. IMOS PREPARAR TRES ACTUACIÓNS CO ALUMNADO, COA AXUDA DE CAROLINA , A NOSA INTÉRPRETE DE LINGUA DE SIGNOS ESPAÑOLA: 

- O ALUMNADO DE INFANTIL VAI CANTAR E SIGNAR A CANTIGA DE MAMÁ CABRA "O SAMAÍN":

- O ALUMNADO DE 1º, 2º E 3º VAI CANTAR E SIGNAR A CANTIGA "CONXURO DE SAMAÍN":

- O ALUMNADO DE 4º, 5º E 6º VAI CANTAR E SIGNAR A CANTIGA "O SAMAÍN" DE UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA:

PODEDES PRACTICAR TAMÉN NA CASA PARA QUE ESE DÍA NOS SAIA  MONSTRUOSAMENTE BEN!

15/10/25

PREPARANDO O SAMAÍN

ESTE ANO IMOS CELEBRAR O SAMAÍN NO COLE! SABEDES QUE SIGNIFICA ESE NOME? CAL É A ORIXE DESTA FESTA? 

ANTÍO DEIXOUNOS ESTE GENIALLY  CO QUE APRENDEREMOS UNHA MOREA DE COUSAS SOBRE ESTA CELEBRACIÓN.

TAMÉN HAI CANTIGAS, XOGOS, RECEITAS, EXPERIMENTOS... QUE PODEDES FACER  NO COLE OU NA CASA COA FAMILIA. ANIMÁDEVOS!

10/10/25

ANTÍO ESTÁ NO COLE!

 XA CHEGOU O OUTONO E CON EL O NOSO AMIGO ANTÍO!

VEU DE MASCOTILANDIA PARA PASAR CON NÓS ESTA ESTACIÓN TAN FERMOSA. TROUXO ALGÚNS FROITOS DE OUTONO QUE RECOLLEU POLO CAMIÑO: CASTAÑAS, LANDRAS, COGOMELOS, FOLLAS...

ESTÁ NA PORTA DA BIBLIOTECA DESEXANDO QUE O SAUDEDES TÓDALAS MAÑÁS AO CENTRAR NO COLE! TEN PREPARADA  ALGUNHA SORPRESA PARA ESTES DÍAS!

TAMÉN NOS ESCRIBÍU UNHA CARTA QUE ESPERA CHEGUE A TODAS AS AULAS POIS TEN GANAS DE FESTA E QUERE CELEBRALA CON  NÓS! ¿QUE FESTA SERÁ ESA?

7/10/25

XOGADE

 Un ano máis o Ceip Vilaverde Mourente participa no XOGADE. 


O programa Xogade combina no seu modelo deportivo competición e participación para os/as escolares dos centros educativos de toda Galicia. 

O obxectivo primordial desta concepción do deporte será a promoción da saúde, a condición física e o benestar, sen esquecer nin deixar de lado o rendemento deportivo, pero asegurando que todos/as os/as escolares poidan ter acceso á práctica de actividades físico-deportivas sen que exista ningún tipo de discriminación.



O XOGADE ten repercusión tanto na prensa local, coma nos nenos e nenas que participan ano tras ano nas diferentes edicións desta iniciativa deportiva.


Moitas grazas a todos e todas.