BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

22/3/10

UNHA EXPOSICIÓN ESTUPENDA

Hai varios días que as mascotas solicitaron a colaboración das clases para facer unha exposición... A exposición versaría sobre personaxes de Pontevedra: sobre mulleres pontevedresas ao longo da historia.Será unha exposición inconclusa, na que se poderán ir engadindo nomes de científicas, nobres, escritoras, políticas, compositoras, menciñeiras, almirantas,...et que tivesen relación coa nosa cidade. Non deixedes de visitala!