BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

27/9/11

TRABALLANDO ARREO

Nas clases as mascotas están moi involucradas en todo o que sucede. Están moi atarefadas axudando nos proxectos que están xa funcionando... Nos blog de cada nivel iredes atopando información.
Estes días as mascotas andan un tanto preocupadas e ao mesmo tempo emocionadas coas novas:
- Convertirase Palestina nun novo país?


- Será verdade que a teoría de Einstein vai poder ser modificada? Os neutrinos... realmente poden moverse a máis velocidade que a luz?

19/9/11

COMEZA O NOVO ALUMNADO DE TRES ANOS

Durante estes primeiros días de setembro estase incorporando o novo alumnado de infantil. Realizan o período de adaptación e coñecen a un novo personaxe: O Pitiño.
Podedes ver fotos dos seus primeiros momentos no colexio no seu blog.

11/9/11

UN NOVO CURSO COMEZA

Olaaaa!
Ola de novo!
En Mascotilandia estamos todas as mascotas preparando as cousas para mañá... Comezamos un novo curso!Propuxémonos ser máis curiosas ca nunca e preguntar moitas cousas, atender na clase e aprender convosco, ser moi moi traballadoras.
Xa sabedes que as mascotas fomos de vacacións, este verán viaxamos xuntas porque Vilaverdiño nos convidou e tamén aproveitamos para repasar algo, non queremos comezar con todo esquecido... seguro que vós tamén repasastes.
Sabedes que se está falando de modificar a Constitución? Lembrades que traballamos sobre ela o curso pasado?
Vémonos na clase