BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

24/11/20

25 DE NOVEMBRO: EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA

 



23/11/20

SEGUEN APARECENDO RETOS NAS CLASES

NESTA SEMANA OS RETOS TEÑEN RELACIÓN CO DÍA DA PALABRA E COA LOITA CONTRA A VIOLENCIA. VELAQUÍ DOUS DELES:

21/11/20

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: 25 DE NOVEMBRO

 LOITAMOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

USAREMOS MATERIAIS DIVERSOS PARA TRABALLAR E REFLEXIONAR:





DENDE A BIBLIOTECA LAMPI FESTEXA O DÍA DA PALABRA

 LAMPI REMITIUNOS UNHA CARTA.

VÉN O DÍA DA PALABRA. HAI MOITAS, MAIS ESTE CURSO...

ESTE CURSO AGASÁLLANOS EL CON PALABRAS. SON PALABRAS RELACIONADAS COS COIDADOS.

CANTAS SABEMOS NÓS?





PODEMOS VER MÁIS INFORMACIÓN NO BLOG DA BIBLIOTECA.



15/11/20

A CREACIÓN DE BODEGÓNS DE OUTONO-MAGOSTO

 UNHAS AUTÉNTICAS OBRAS DE ARTE SON AS CREACIÓNS DO ALUMNADO.

ELABORARON COMPOSICIÓNS IMITANDO BODEGÓNS E REALIZARON FOTOS.

NOS DIFERENTES BLOG DE NIVEL PODEREDES VER OS RESULTADOS. AQUÍ VOS DEIXO UNHAS POUCAS DE 6º.



ESTASE A CREAR A EXPOSICIÓN DIXITAL DE BODEGÓNS DE TODOS OS NIVEIS QUE POÑEREMOS NO BLOG TAN PRONTO ESTEA.


14/11/20

OS CUCURUCHOS DAS EMOCIÓNS

 O MAGOSTO TAMÉN DÁ PARA TRABALLAR SOBRE AS EMOCIÓNS E PARA EXPRESAR COMO NOS SENTIMOS.

O ALUMNADO COMUNICOU OS SEUS SENTIMENTOS E RECOLLEUNOS NUN FORMATO MOI DE OUTONO. PODEREDES VER MÁIS NOS BLOG DE NIVEL, PERO DEIXAMOS UN ADIANTO:









11/11/20

MERENDA DE MAGOSTO

 TAL COMO DI O LETREIRO DA ENTRADA DO COLEXIO, O MAGOSTO VÉN.



NÓS IMOS CELEBRALO DUN XEITO DISTINTO A TODOS OS ANOS. FAREMOS UNHA MERENDA CON PRODUTOS DO MAGOSTO GARDADO AS MEDIDAS DE PREVENCIÓN ANTE A COVID. 

FALAREMOS DESES PRODUTOS, CADAQUÉN DO QUE TROUXO E DESPOIS MERENDARÉMOLOS CON MÚSICA DA ÉPOCA DE FONDO MUSICAL.

ANTÍO NON SABE SE PODERÁ IR DE CLASE EN CLASE E DE MESA EN MESA PARA POLO MENOS BOTAR UN OLLO ÁS DELICIAS CULINARIAS, POLO DE PRONTO TEN A MÁSCARA POSTA...



10/11/20

RETOS

 NAS CLASES APARECEN RETOS...

SEREMOS QUEN DE DESCUBRILOS?

TERÁN QUE VER CO MAGOSTO?