BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

21/11/13

DURANTE A SEMANA PASADA AS FAMILIAS SEGUIRON A COLABORAR COA CAMPAÑA "ENSÍNANOS UN XOGO".
CAMPAÑA QUE XA TOCA AO SEU FIN.
AGRADECEMOS A TODAS AS FAMILIAS QUE NOS TEÑAN FEITO UN OCO NA SÚA APERTADÍSIMA AXENDA E AGASALLADO CO SEU TEMPO E COS SEUS XOGOS, CANTIGAS, XOGUETES, LERIAS,... MOITAS GRAZAS.
TODOS ESTES XOGOS ADEMAIS DE ACHEGARLLE A CULTURA POPULAR AO NOSO ALUMNADO, SUPUXO UNHA APLICACIÓN DO APRENDIDO SOBRE TEXTOS INSTRUTIVOS, POIS, NAS AULAS ESTÁN A RECOLLER OS XOGOS E XOGUETES EN FICHAS , EMPREGANDO ESTE TIPO DE TEXTO. FAREMOS DESPOIS UN LIBRIÑO CONXUNTO DE CENTRO QUE SE EXPORÁ NA BIBLIOTECA E MESMO SE PODERÁ EMPRESTAR.
ALGUNHAS DAS ACHEGAS DESTA SEMANA FORON:

- AS DO PAI E DA NAI DE MIGUEL (5 anos A) E ÁLEX (3º A) QUE FIXERON AO ALUMNADO PARTÍCIPES DO XOGO CHAMADO O BOTE.

- AS QUE TIVERON LUGAR NAS AULAS DE 2º COA NAI DE SARA (2ºB)

TODOS OS XOGOS, XOGUETES, CANCIÓNS,... APARECERÁN RECOLLIDOS EN FICHAS QUE O ALUMNADO ELABORARÁ NAS AULAS CO GALLO DO TRABALLO AO REDOR DO TEXTO INSTRUTIVO QUE SE ESTÁ A DESENVOLVER EN TODOS OS NIVEIS E QUE ABRANGUEU: RECEITAS EN VARIOS IDIOMAS EN MAGOSTO E SAMAÍN, TEXTOS INSTRUTIVOS SOBRE EXPERIMENTOS EN PROXECTOS E DÍA DA BIBLIOTECA E INSTRUCIÓNS PARA XOGOS NA CAMPAÑA "ENSÍNANOS UN XOGO".