PALABRAS ENORMES E PALABRAS PEQUENIÑAS.
PALABRAS SOLITARIAS E PALABRAS ACOMPAÑADAS.
PALABRAS MOI DIFÍCILES DE DICIR, PALABRAS DOADIÑAS.
PALABRAS COÑECIDAS E PALABRAS INVENTADAS.
PALABRAS CURIOSAS, PALABRAS IMPOSIBLES, PALABRAS CON DOBRE SENTIDO.
PALABRAS REPETIITIVAS, PALABRAS UNIVOGÁLICAS.
PALABRAS EN DIFERENTES IDIOMAS.
PALABRAS SAUDABLES.
PALABRAS DE CONTO.
PALABRAS...
IMOS COCIÑAR CON PALABRAS.
IMOS FACER SOPAS CON PALABRAS.
AS MASCOTAS SUXÍRENNOS DOUS LIBROS ESTUPENDOS QUE VERSAN SOBRE AS PALABRAS E QUE SEGURO GUSTARÁN MOITO:
AMBOS ESTÁN PROTAGONIZADOS POR NENAS: UNHA QUE ODIABA OS LIBROS ATA QUE DESCUBRÍU NELES... (NON VOLO CONTO, MELLOR LÉDEO) E OUTRA QUE CULTIVABA PALABRAS E TECÍA HISTORIAS E... (CASE, CASE,... NON VOS DIGO MÁIS... LEDE E VEREDES QUE BONITO)