DURANTE ESTES DÍAS ESTIVEMOS A TRABALLAR AO REDOR DOS DEREITOS DA INFANCIA.
ESTE ANO FIXÁMONOS ESPECIALMENTE NO DEREITO Á SAÚDE.
HOUBO OBRADOIROS SOBRE SAÚDE, ANIMACIÓNS E LECTURAS VARIAS.
PARTICIPAMOS COA FUNDACIÓN MENIÑOS NO SEU CONCURSO COS NOSOS DEBUXOS E RELATOS...
HAI CREACIÓNS REALMENTE FERMOSAS!
APRENDEMOS QUE TEMOS DEREITO A QUE NOS COIDEN, A QUE INVESTIGUEN PARA QUE NON TEÑAMOS ENFERMIDADES,A QUE NOS PROCUREN UNHA ALIMENTACIÓN ADECUADA, A QUE SE PREOCUPEN DE QUE MEDREMOS SANS TANTO A NIVEL FÍSICO, COMO SOCIAL E PSÍQUICO.
NOS BLOGS DE NIVEL ATOPAREDES IMAXES DAS ACTIVIDADES NAS AULAS.