BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

24/11/13

25 DE NOVEMBRO: CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO

NO DÍA DA PALABRA VIMOS QUE HAI PALABRAS FERMOSAS E PALABRAS QUE NON NOS GUSTAN (MÁIS POLO QUE SIGNIFICAN QUE POLAS LETRAS QUE LEVAN).UNHA DESTAS ÚLTIMAS É: MALTRATAR A PARTIR DO 25 DE NOVEMBRO IMOS `POÑER O NOSO GRAN DE AREA CONTRA O MALTRATO.
PRIMEIRO TRABALLAREMOS EN EQUIPOS PARA COMENTAR QUE ENTENDEMOS POR MALTRATO, RECOLLEREMOS ISTO COA ESTRATEXIA DE FOLIO XIRATORIO.POÑERÉMOLO EN COMÚN E VEREMOS UNHA PRESENTACIÓN PARA CONTRASTAR A NOSA OPINIÓN CON OUTRAS.
TEMOS A PRESENTACIÓN TAMÉN PARA PEQUES


NA PRESENTACIÓN APARECE QUE UNHA FORMA DE MALTRATO É "O BICO Á FORZA" E TEMOS UN CONTO QUE NOLO EXPLICA. HAI BICOS QUE NOS GUSTAN E BICOS QUE NON...

"NIN UN BIQUIÑO Á FORZA" (A NOSA ADAPTACIÓN DO CONTO, PARA MAIORES E PARA PEQUES DE INFANTIL)