BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

1/11/26

O MAGOSTO

 O 30 de outubro celebramos o Magosto dunha maneira moi especial! Foi unha xornada chea de alegría, convivencia e tradición, na que as castañas foron as grandes protagonistas.



Ao longo do día desfrutamos dunha deliciosa degustación de castañas e de diferentes xogos cooperativos, nos que o alumnado tivo a oportunidade de compartir, colaborar e traballar en equipo. Unha ocasión estupenda para fortalecer os lazos entre compañeiros e compañeiras, aprender a axudarnos e gozar xuntos.



Queremos destacar especialmente o gran traballo e implicación do profesorado e do alumnado de 6.º de Primaria, que colaboraron na organización e desenvolvemento das actividades, facendo posible que todo saíse tan ben.

Grazas a todas e todos pola vosa colaboración, entusiasmo e ilusión!



Un Magosto para lembrar, no que aprendemos que compartir, cooperar e celebrar xuntos é o mellor de todo.