HOXE CELEBRAMOS NO COLEXIO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
NO BLOG DE DINAMIZACIÓN HAI MÁIS INFORMACIÓN.
NESTE DÍA O EVENTO PRINCIPAL É A LECTURA DOS POEMAS DO CERTAME DE POESÍA (O XXVI CERTAME POÉTICO DO CEIP VILAVERDE) E A INTERPRETACIÓN DE RAPS (II CONCURSO DE RAP EN GALEGO) CREADOS NAS CLASES POLO ALUMNADO.
O ALUMNADO DE INFANTIL INICIA A FESTA. COMEZOU COAS LECTURAS DOS SEUS POEMAS E RAPS ÁS 11. AO REMATAR RECIBIRON O DIPLOMA E AGASALLO CORRESPONDENTE AOS SEUS POEMAS PREMIADOS, RECOLLEU O PREMIO A ENCARGADA OU O ENCARGADO DE CLASE DESE DÍA.
A LECTURA REMATOU COA ACTUACIÓN DO CORO DO COLEXIO. INTERPRETOU MAXISTRALMENTE UNHA REGUEIFA.
MENTRES EN PRIMARIA O ALUMANDO LE OS SEUS POEMAS AO RESTO DE NENAS E NENAS DO SEU NIVEL E NIVEIS PRÓXIMOS.
DESPOIS DO RECREO O ALUMNADO DE PRIMARIA LERÁ OS POEMAS E INTERPRETARÁ OS RAP QUE FORON PREMIADOS. A LECTURA REALIZARASE NO PATIO ONDE TODO O ALUMNADO DO CENTRO PODERÁ ESCOITALOS E APLAUDIR.
O ACTO ESTIVO AMENIZADO POLO CORO DO COLEXIO.