Neste blog, dende o curso 2009/2010 as mascotas do CEIP Vilaverde, deixarán as súas mensaxes máis secretas. Non deixedes de visitalo de cote para poder lelas. Ata loguiño!
BENVIDA
Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.
21/5/18
CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS
HOXE, TIVEMOS O TRADICIONAL CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS NO COLE.
ESTE ANO ESTIVO A CARGO DE PACO NOGUEIRAS CO ESPECTÁCULO "RADIO BULE BULE".
TODO O ALUMNADO PUIDO ASISTIR E PARTICIPAR.
ESCOITAMOS AS FABULOSAS CANCIÓNS EN GALEGO DE PACO NOGUEIRAS.