HOXE CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ. ESTE ANO, COMO XA VOS CONTARAMOS NA ENTRADA ANTERIOR, XIRA AO REDOR DA ARTE: "NENAS E NENOS PROTAGONISTAS DA PAZ CON ARTE".
DESPOIS DE REFLEXIONAR SOBRE A PAZ, A SÚA REPRESENTACIÓN ICONOGRÁFICA, AS CANCIÓNS SOBRE A PAZ, OS LEMAS E COMO PODEMOS CONTRIBUÍR NÓS Á PAZ NO MUNDO, FACEMOS UNHA CELEBRACIÓN CONXUNTA NO PATIO:
1. LEMOS OS LEMAS ELABORADOS E SELECCIONADOS NA AULA
2. COLABORAMOS PARA CONSTRUÍR UN CADRO ("NENAS E NENOS DO MUNDO" DE ROMERO BRITTO)
3. INTERPRETAMOS A CANCIÓN "SOMOS CAPITÁNS"