BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

14/4/20

ABRIL DOS LIBROS

Xa estamos de novo convosco.
Seguimos en corentena, mais non vos esquecemos.
O mes de abril é un mes especial, os libros protagonízano. Uns libros que nestes momentos van permitirnos facer unha actividade moi interesante neste singular QUEDAMOS NA CASA.
LER

Convidámosvos a ler connosco e compartir ese momento co resto do colexio. Desde as titorías chegaravos unha proposta titulada FAMILIAS LECTORAS...Animádesvos a colaborar?