SUXERIMOS:
- AXUDAR ANTES DE NADA ÁS NENAS E AOS NENOS A ENFRONTAR A SITUACIÓN DE FORMA POSITIVA. NON CENTRARSE EN "NON NOS DEIXAN SAÍR" SENÓN EN "ESTAMOS A QUEDAR NA CASA POR SOLIDARIEDADE, PARA AXUDAR, PARA SALVAR VIDAS". É BO QUE COMPRENDAN QUE ESTAMOS FACENDO UN ACTO DE COLABORACIÓN: NON É POLO MEDO A CONTAXIARNOS, É PARA PROTEXER Á XENTE CON SAÚDE FRÁXIL.
- MANTER UN HORARIO E UNHA RUTINA. PODEMOS CONSENSUAR DE ACORDO COAS DIFERENTES OBRIGAS E ANOTAR ESE HORARIO DE XEITO VISIBLE E COMPRENSIBLE. NEL PODE HABER: RUTINAS DE HIXIENE, LIMPEZA E CORRESPONSABILIDADE NO FOGAR, DEBERES E REPASO DE CONTIDOS ESCOLARES SE O VEMOS NECESARIO, ACTIVIDADES ESPECIAIS EN FAMILIA, UN POUQUIÑO DE ACTIVIDADE FÍSICA LIXEIRA, A HORA DE LER, ... CADA FAMILIA PODERÁ FACELO DE ACORDO COS SEUS TEMPOS, ESPAZOS E CIRCUNSTANCIAS. CADA HORARIO DEBE SER ADECUADO ÁS CIRCUNSTANCIAS DE CADA CASA E PERSOAS DA FAMILIA E SOBRE TODO... ELABORADO CON LÓXICA E SENSATEZ.
O PROFESORADO TEN NOS BLOG DE NIVEL E NO RESTO DE BLOGS (AOS QUE SE PODE ACCEDER TAMÉN NO LADO DEREITO DESTE) SUXESTIÓNS DE REPASO QUE PODEN AXUDAR SE PRECISAMOS IDEAS, HAI TAMÉN ENLACES CON PÁXINAS DE INTERESE PARA REALIZAR PASENIÑO TAREFAS VARIADAS. O ALUMNADO DE 5º E 6º ADEMAIS TEN MATERIAL E TAREFAS NA AULA VIRTUAL.
DEBEMOS LEMBRAR QUE OS TEMPOS NON PODEN ESTAR ATEIGADOS DE CONTIDO, DEBERÁ HABER MOMENTOS PARA SIMPLEMENTE ESTAR EN FAMILIA, AMOSARSE AFECTO, DIVERTIRSE CONXUNTAMENTE,...