BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

22/3/20

QUEDAMOS EN CASA 3

A ATENCIÓN E APOIO EMOCIONAL ÁS NENAS E NENOS NESTA SITUACIÓN É O PRIMEIRO.
DESPOIS PODEMOS TENTAR QUE TEÑAN ALGUNHA OCUPACIÓN INTERESANTE.

HAI MOITAS TAREFAS QUE PODEMOS FACER CONTEXTUALIZADAS NA CASA, TODAS ELAS SON RICAS, VARIADAS, DIVERTIDAS E... O MELLOR... DESENVOLVEN COMPETENCIAS.

ESCOLMAR AS QUE MÁIS NOS APETECEN É UNHA TAREFA CONXUNTA ESTUPENDA PARA FACER EN FAMILIA.

QUEREDES VER ALGUNHAS POSIBLES?
Resultado de imagen de imágenes libres de derechos
- FACER DEBATES E MANTER CONVERSAS PARA QUITAR A ANGURIA. TEMOS PROPOSTAS NOS BLOGS (CONTOS, VÍDEOS,...) E NESTE ENLACE.  ADEMAIS PODEN INVENTAR POEMAS, DEBUXOS, CONTOS, ... SOBRE ISO E MESMO, INVESTIGAR EN PÁXINAS OFICIAIS .
- ESCRIBIR CARTAS OU MENSAXES ÁS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS QUE TAMÉN ESTÁN QUEDANDO NA CASA.
- FACER FOTOS SOBRE O QUE FACEMOS NA CASA E ORGANIZALAS NUN ÁLBUM, CARTEL, DIARIO, CALENDARIO E COMPARTILO.
- FACER EXPERIMENTOS DIVERTIDOS CO QUE TEMOS POLA CASA.
- APROVEITAR AS COMIDAS, OS MOMENTOS DE ASEO, DE FALADOIRO PARA TRABALLAR ASPECTOS RELACIONADOS COA SAÚDE, COIDADO DO CORPO, A EDUCACIÓN DAS EMOCIÓNS E OS AFECTOS, A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES... BUSCAR IDEAS PARA COMPARTIR COA VECIÑANZA A TRAVÉS DAS FIESTRAS E BALCÓNS...
- XOGAR; INDIVIDUALMENTE, EN FAMILIA, EN PARELLAS,... VALEN XOGOS DE MESA, DE CONSTRUCIÓN,, POPULARES,... FACER XOGO SIMBÓLICO  (QUE TAL UN DISFRACE COAS ROUPAS QUE TEMOS A MAN? E SIMULAR UN SUPER NA COCIÑA, UNHA PERRUQUERÍA NO BAÑO?,...)
- BAILAR, CANTAR,...
- LER CONXUNTAMENTE, LER INDIVIDUALMENTE,...
Resultado de imagen de creative commons images
TAMÉN É BO E FUNDAMENTAL, LEMBRADE, TER ESPAZOS PARA NON FACER. PARA TER LECER, PARA PENSAR, PARA NÓS. NON SE TRATA DE ENCHER TODOS OS MOMENTOS CUN SINFÍN DE PROPOSTAS QUE NOS ESTRESEN. UN HORARIO ADECUADO TAMÉN TEN QUE TER ESPAZOS DE DESCANSO.

PODEDES VER SUXESTIÓNS PARA ENFRONTAR ESTA SITUACIÓN NO BLOG DE VALORES.