ANTÍO, O MOI LARPEIRO, AGARDA IMPACIENTE QUE SE ASEN AS CASTAÑAS XA QUE HOXE CELEBRAMOS O MAGOSTO
DA CELEBRACIÓN DA FESTA DAREMOS CUMPRIDA REPORTAXE NO BLOG DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN
AQUÍ POREMOS SÓ ALGUNHA DAS FOTOS...
AS E OS MAIORES DE 6º COLABORAN CON PACO NA PREPARACIÓN DO ASADO E O RESTO DO ALUMNADO ULTIMA NAS AULAS OS CARTEIS DA EXPOSICIÓN, A EXPOSICIÓN DE TROMPOS, A ELABORACIÓN DE TEXTOS INSTRUTIVOS RELACIONADOS CO MAGOSTO...
NO PATIO O ALUMNADO IMOS TOMANDO POSICIÓNS.
O ALUMNADO DE INFANTIL XOGA A PASAR A CASTAÑA AO SON DA MELODÍA "ARAO, ARAO" E DESPOIS O RESTO DISPÓMONOS EN RODA PARA CANTAR UNHA CANTIGA COAS COPLAS COMPOSTAS POLO ALUMNADO DE 5º E 6º CON BASE NUNHA MELODÍA POPULAR AO TEMPO QUE PASAMOS CASTAÑAS SEGUINDO O PULSO
DESPOIS CHEGA A DEGUSTACIÓN DE CASTAÑAS...ESTÁN BOÍSIMAS!
REMATA A FESTA CUNHA DEMOSTRACIÓN DE COMO SE BAILA O TROMPO AO CARGO DO ALUMNADO MAIOR, DE PACO E DE SUSO, ASÍ COMO DALGÚN PAI OU NAI
ANTÍO MARCHA PARA A SÚA CASA NO SOUTO, ATA O VINDEIRO ANO ANTÍO!