HOXE, MALIA A CHUVIA QUE IMPEDIU UNHA CELEBRACIÓN NO PATIO, TIVO LUGAR A CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ.
ESTIVERAMOS TRABALLANDO-COMO PUIDESTES VER NOS BLOG DAS CLASES- VARIOS DÍAS SOBRE DIFERENTES MANEIRAS DE CONTRIBUÍR Á PAZ, SOBRE POEMAS RELACIONADOS COA PAZ, SOBRE COMO REPRESENTAR E SIMBOLIZAR A PAZ, SOBRE...
OLLADE COMO RECITAMOS...
TAMÉN CANTAMOS E BAILAMOS UNHA CANCIÓN RELACIONADA COA PAZ
E RECOLLEMOS AS NOSAS APRENDIZAXES E REFLEXIÓNS SOBRE A PAZ NUNHA FICHA ESPECIAL DE DOMINÓ
E HOXE TOCABA GOZAR
PRIMEIRO COLOCAMOS O NOSO DOMINÓ POLA PAZ NO PATIO CUBERTO, CADA CLASE FOI COLOCANDO A SÚA FICHA ONDE CORRESPONDÍA E DESPOIS PUXEMOS O TÍTULO (CUXAS LETRAS ELABORARA 4ºA).
O DOMINÓ RECOLLE MOITAS PROPOSTAS PARA ACADAR A PAZ E MOITAS MANEIRAS DE CONCIBILA...
DESPOIS, CO NOSO SÍMBOLO COLOCADO NA SOLAPA, NO PEITO, PENDURADOS DO PESCOZO,... BAIXAMOS AO XIMNASIO PARA CANTAR E BAILAR POLA PAZ.
VELAQUÍ AS FOTOS